Así, o titular de Medio Rural dixo non entender como o Consello Europeo que aprobou un presuposto extraordinario de 750.000 millóns de euros para paliar a pandemia da covid-19 puido dar o visto e prace, ao tempo, a unha diminución da partida dirixida aos gandeiros, agricultores e silvicultores. Engadiu que “nestes momentos hai que defender un sector primario forte”, tras o papel imprescindible de abastecemento alimentario que exerceron durante a emerxencia sanitaria, polo que “necesitamos unha partida orzamentaria potente”.
Nesa liña, José González amosou a súa sorpresa por que os fondos da PAC non só se propoñan recortar un 10% senón por que, ademais, perdan peso no conxunto do presuposto da Unión Europea, pasando de representar un 36% no período 2014-2020 a constituír tan só un 18%. O conselleiro redundou na necesidade dunha “PAC forte, dunha PAC ben dotada orzamentariamente” e lembrou que a Xunta seguirá manténdose leal ao Goberno central mentres sigan desenvolvéndose as negociacións. Con todo, insistiu, esas negociacións deben traducirse na “necesidade de incrementar os fondos”.Deste xeito, o titular de Medio Rural destacou que é o momento de que o Ministerio de Agricultura se faga forte en Europa. Para apoialo con argumentos sólidos, o conselleiro lembrou que a Xunta foi por diante na creación dun grupo de traballo multidisciplinar, no que están representantes do sector e da Universidade, e que continúa avanzando para elaborar o Plan estratéxico de Galicia, tendo en conta as especificidades da nosa comunidade. O obxectivo é facilitar eses argumentos firmes e claros, para que o Goberno do Estado poida visibilizar España -e, por ende, Galicia- como unha auténtica potencia agraria, e as partidas da PAC sexan xustas e sen recortes que afecten aos agricultores, gandeiros e silvicultores.
Entre outras cuestións, o conselleiro do Medio Rural recordou que ao abeiro da PAC a Xunta defende que se aplique en España o tope máximo de 60.000 euros de axuda por explotación, para protexer as pequenas e medianas explotacións da nosa comunidade. En relación coa figura do agricultor xenuíno, aposta por unha definición esixente en canto á porcentaxe mínima de ingresos agrarios sobre os ingresos totais que debe ter para ser considerado como tal.Sobre o pacto verde europeo, o Goberno galego demanda que xunto co enfoque ambiental os agricultores, gandeiros e silvicultores teñan tamén a transitoriedade suficiente para poder adaptar as súas actividades a ese pacto.
Sorprenden as declaracións do ministro de Agricultura, Pesaca e Alimentación respecto ao recente acordo orzamentario do Consello Europeo e as súas implicacións para a PAC, pois o cualificou como “ un acordo histórico do que todos temos que estar orgullosos”. A realidade é que co 10% de recorte na PAC cando pode supoñer perdas de ata 5.000 M€ menos en España (o equivalente a un ano completo de PAC)
O Grupo Parlamentario Popular no Congreso solicitou a comparecencia urxente do ministro Planas parta que dea explicacións sobre as actuacións que realizará o Goberno para corrixir este grave prexuízo ao campo español.