Os traballos, que dispoñen dun prazo de execución de 9 meses, foron
adxudicados á empresa Hordescon, S.L.. O
comezo das obras prevese na primeira quincena de agosto.
Esta
actuación correspóndense coa 2ª fase de posta en valor da Ponte Vella e abarcará
a conservación da propia ponte e a mellora da contorna da Capela dos Remedios,
acondicionando e ampliando o acceso á entrada lateral da ermida e substituíndo
a varanda.
Os traballos recollidos no contrato destas obras potenciarán as conexións
peonís desde os distintos puntos da cidade cara a este conxunto patrimonial,
coidando o mobiliario e creando un espazo para o lecer.
A actuación do departamento que dirixe Ethel Vázquez inclúe a liberación da zona que hoxe ocupa o parque de skate, construíndo un novo no Barrio do Couto, que contará cun circuíto de bicicletas (pump track) executado en zahorra e capa de rodadura asfáltica.
Estas intervencións permitirán dotar a cidade de Ourense dunhas instalacións axeitadas para unha práctica máis cómoda e segura desta actividade deportiva.
O traslado deste parque tamén posibilitará acadar unha contorna
ampla e aberta que servirá de antesala á Capela dos Remedios e como conexión
coa Ponte.
Ademais
habilitarase un miradoiro como novo atractivo turístico da cidade, desde o que
poder observar o río Miño, a Ponte Vella e a Capela dos Remedios.
Esta actuación na Ponte Vella vén sumarse a xa realizada nesta
infraestrutura nunha 1ª fase. Esta segunda fase enmárcase no convenio de
colaboración asinado entre a Xunta e o Concello.