Asisto esta mañá na ourensá praza do Bispo Cesáreo a un acto electoral do PP de Ourense baseado na Igualdade, con participación de representantes de asociacións de veciños.
Foi presentado pola concelleira de Política Social, Igualdade e Saúde do Concello de Ourense, Eugenia Díaz Abella.
Interviñeron logo tres mulleres: Alba, Natalia e Zulema que falaron da súa experiencia como produtora, taxista e árbitro internacional de fútbol, respectivamente.
Pechou o acto a candidata por Lugo e anterior responsable de Igualdade da Xunta, Susana López Abella
Recordou que unha Galicia con máis igualdade será unha Galicia máis xusta e máis libre.