Hoxe un total da 2.697.315 galegos estamos chamados ás urnas para elixir os deputados ao Parlamento
de Galicia. O censo de residentes en Galicia é de 2.234.252 e 463.163 son
residentes no estranxeiro e que antes de emitir o sufraxio, deben rogar o voto
( esta vez tan só 12.359 electores).
Con respecto ás eleccións anuladas do mes de abril pola crise do coronavirus, o censo baixou en 2.190 electores. Nas eleccións autonómicas do 2016, o número de votantes ascendía a 2.701.837.
Entre eles, 359.226 ourensáns, que repartirán 14 dos 75 escanos que
conformarán o novo Parlamento de Galicia.
A xornada electoral arrincou en Galicia e en Ourense con normalidade nas 542 mesas nas que se vota nesta provincia. Concretamente, nos 92 municipios ourensáns organízanse en 122 distritos, 260 seccións e 542 colexios electorais (distribuídos en 419 locais).
Iso sí, con todas as medidas adoptadas pola Administración para garantir unhas condicións adecuadas de circulación para poder acudir a votar, así como para garantir o dereito á saúde dos votante e das persoas que interveñen no proceso.
Ás 10,00 horas emitín con toda normalidade o meu voto no Colexio de Curros Enríquez, onde a organización era perfecta.
Agardemos que a xormada discorra con normalidade.