Participo onte na campaña electoral coa presenza na carpa que o PP local ten instalada na rúa do Paseo de Ourense, E logo pola tarde nun percorrido polas rúas da cidade acompañando á conselleira de Educación, Carmen Pomar.
Finalmente acudín a Seixalbo para participar nun mitin presentado polo tenente alcalde Jorge Pumar que fixo un repaso polos investimentos feitos neste pobo por parte de da Xunta. E tamén interviron, o candidato Antonio Rodríguez, o senador Jesús Vázquez e a citada conselleira.
Falaron de que Alberto Núñez Feijóo representa a tripla garantía de estabilidade, orzamentos e goberno en Galicia e de que a gran maioría dos galegos prefire a unión ao enfrontamento, e o entendemento á división, e quere estabilidade, experiencia, xestión e certezas.
Trasladaron unha mensaxe de confianza, lembrando que, ao igual que Galicia superou a forte recesión que sufriu hai unha década e que foi tamén quen de facer fronte ao máis duro da pandemia, superará esta situación actual tan complicada.
Expresaron unha mensaxe de estabilidade, destacando que Galicia ten presupostos ano a ano desde hai 11 anos, que cumpre coas obrigas do déficit, que é a Comunidade que menos se endebedou durante a crise, que é a Autonomía que mellor paga as facturas aos provedores e na que non hai os vaivéns ou contradicións que hai noutras administracións.
E falaron de xestión, manifestando que os populares teñen experiencia e un programa para cumprir desde o primeiro día sen perder un minuto: apoiando ás persoas que máis o precisan, impulsando os proxectos dos emprendedores, aportando seguridade e respaldo aos autónomos, e impulsando a educación e a formación profesional.
Lembraron as mensaxes de Feijóo, no sentido de non querer unha Galicia que estea partida en bloques, como pasa en España; que non se fragmente, como sucede en Cataluña; que non se someta á chantaxe de intereses minoritarios; que non estea dividida, e que non busque derrotar a ninguén; senón que quere unha Galicia que acorde e na que gañe a maioría.
Finalizaron pedindo que o 12 de xullo non se dea nada por feito e que se vaia votar pensando en que o que funciona en Galicia ten que seguir funcionando e o que non funciona fóra tampouco é bo para a Comunidade galega.