Onte as 14,15 horas comezaba un enorme incendio forestal no concello ourensán de Cualedro, parroquia de San Millao con afectación ao núcleo de San Cristovo, pertencente ao municipio de Monterrei.
Quedaba onte moi impresionado cando as 21,00 horas regresaba en coche desde Madrid e era sorprendido polo extensión dunha columna de fume.
Hoxe, informaba Medio Rural, que as 9,00
Segundo as últimas estimacións, afecta unha superficie provisional dunhas 1.000 hectáreas, das cales hai parte agrícola e forestal. Esta medición é provisional ata que se parametrice a superficie final afectada. Para a súa extinción lévanse mobilizado 1 técnico, 17 axentes, 51 brigadas, 17 motobombas, 3 pas, 11 helicópteros e 12 avións. Ademais, tamén participan efectivos da Unidade Militar de Emerxencias (UME)