lunes, 13 de julio de 2020

Feijóo: " "Farei todo o que estea na miña man, desde agora ata o final da lexislatura, para que millóns de galegos se volvan reconciliar coa política útil"

Viaxo esta mañá a Santiago de Compostela para participar na Xunta Directiva do PP de Galicia, máximo órgano do partido entre congresos.

Abriu o acto o secretario xeral e coordinador da campaña Miguel Tellado e logos os catro presidentes provinciáis.

A principal intervención foi a de Alberto Núñez Feijóo afirmando con rotundidade que "Galicia votou sen medo"e "Galicia votou o que lle deu a gana. Agradeceu ao catro presidentes provinciais o extraordinario traballo realizado durante unha campaña atípica sen mitins practicamente e sen toda a gran capacidade de mobilización do PP de G debido á crise sanitaria do Covid-19.

Dixo que Galicia confiou nun equipo de goberno con capacidade acreditada e que gobernou nas maiores crises e en tempos de vacas fracas que respondeu durante a pandemia do coronavirus e que, previamente, durante a crise económica, foi capaz de lograr que a economía volvese crecer.

Asegurou que fará todo o posible por responder á confianza recibida nas urnas.  Engadiu: "Farei todo o que estea na miña man, desde agora ata o final da lexislatura, para que millóns de galegos se volvan reconciliar coa política útil"

Feijóo centrouse nos próximos catros anos e adiantou as liñas da próxima lexislatura, e que materializá de inmediato aínda que se atopen en funcións. "O primeiro obxectivo deste goberno é controlar a pandemia", avanzou. 

Feijóo dixo que ver os datos de contagios de coronavirus de onte foi o primeiro que fixo esta mañá. "E o seguinte paso é afrontar a recuperación económica que se concrete en emprego", engadiu.







Si desexa facer algún comentario poder enviar un correo a celso.delgado@congreso.es

Recibirá resposta