Neste domingo cun calor abafante, seguimos facendo campaña en Ourense e pedindo aos votantes que acudan ás urnas e voten ao presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, pediu porque a abstención é un voto directo ao multipartito.
Nun mitin en Untes os intervintes dixeron que non se pode dar nada por feito e que as vitorias non se logran con enquisas nin esperando na casa a que sucedan senón indo a por elas: pedindo o voto e votando.
Apuntaron que tamén hai que pedirlle o voto aos que non votaron aos populares noutras eleccións porque será bo para eles que a Comunidade teña un goberno estable, con experiencia, que ten claro o que hai que facer e capacidade para facelo.
Falaron de que superamos o peor da pandemia, o virus segue aí e hai que seguir xestionando este problema con seriedade, con experiencia e con respostas coordinadas.