Pedimos o voto para Alberto Núñez Feijóo co aval do feito durante os últimos 11 anos, para poder abordar todo o que aínda queda por facer. Un voto, para unha Galicia na que se poida confiar, estable e que vaia unida cara adiante e non se fragmente.
E lembramos que non é bo para Galicia un goberno que renuncie aos seus compromisos só para poder ser Goberno, que non se entenda entre si, que non teña programa; así como tampouco é bo para a nosa comunidade, que os intereses xerais se sometan á chantaxe de partidos con intereses minoritarios nin adoptar derivas doutras Comunidades onde se fragmentou a sociedade.
Pola contra, sinalamos que o que precisa Galicia é un goberno unido, cun programa para aplicar desde o primeiro día, e cun presidente sen ataduras que represente a todo