É conveniente destacar o traballo realizado polo Centro de Coordinación da Información Nacional sobre Incendios Forestais ( CCINIF), desde cuxa Central de operacións coordínase o dispositivo nacional de extinción, grazas a unha avanzada tecnoloxía que permite solicitar información para a toma de decisións: localización en tempo real dos medios, índices de risco e de alerta temperá, datos meteorolóxicos ou información en tempo real dos incendios, achegada por aeronaves de observación, drons ou persoal sobre o terreo.
Desde este centro publícase diariamente índices de risco e partes de intervención de medios do Estado, así como información estatística actual e histórica de todos os incendios que teñen lugar en España, e xestiónanse as peticións de apoio que realizan as Comunidades Autónomas, e mesmo outros países, e envíanse os medios de apoio necesarios aos diferentes incendios.
O dispositivo de extinción de MITECO conta con 73 aeronaves previstas para a campaña de verán 2020, 7 unidades móbiles de análises e planificación sobre o terreo e preto de 1.000 efectivos entre técnicos, pilotos e mecánicos das aeronaves, persoal das brigadas forestais e as bases de medios aéreos e traballadores do Ministerio, entre outros. Para iso, o Ministerio destinará este ano 85 millóns de euros, sen contar o custo do persoal funcionario.
GALICIA
Boa parte das actuacións destes medios
estanse concetrando na Comunidade
Autónoma de Galicia e dentro dela na provincia de Ourense, onde os efectivos de MITECO axudaron aos medios da Comunidade Autónoma a controlar e, en dous casos
extinguir, varios incendios.
O sábado, 25 de xullo, colaboraron no
control de tres focos, nos municipios da Mezquita, Riós e Monterrei, onde se
rexistrou o lume de maior envergadura e ao que se desprazaron 7 avións e 2
brigadas, entre outros medios. En concreto, ao incendio de Monterrei, desprazáronse
dúas Brigadas de Reforzo de Incendios Forestais ( BRIF) helitransportadas por catro helicópteros con
capacidade para 1.200 litros provenientes da base de Laza, tamén en Ourense.
En
Flariz, unha aldea do municipio de Monterrei, mobilizáronse outras
dúas BRIF de Laza, para apoiar a
extinción dun incendio de entidade menor.
Ata Riós, tamén na comarca de Verín,
viaxaron outros dous anfibios de carga media, con capacidade para 3.100 litros,
desde a base zamorana de Rosinos.
O incendio da comarca de Viana, contou co apoio dunha BRIF da base de Laza, desprazada de novo en dous helicópteros con capacidade de carga de 1.200 litros; e de dous avións anfibios Fire Boss da base de Rosinos.