E hoxe declarouse outro en Vilar
de Astrés, ás 11,17 horas nas
inmediacións do campo de tiro e queimou máis de 60 hectáreas a poucos metros da
cidade, apenas separado polo río.
É certo que a intensa calor de onte e hoxe aumenta o risco pero é evidente que detrás destes incendios parece estar a man dos incendiarios.
Salientar que no control destes incendios traballan 1 técnico, 10 axentes, 23 brigadas, 16 motobombas, 7 helicópteros e 11 avións.
Campaña de alto risco de incendios forestais en Galicia
Lembremos campaña de
alto risco de incendios forestais en Galicia comezou o pasado 1 de xullo, e
estenderase ata o 30 de setembro.
Está plenamente operativo o dispositivo
establecido no Plan de prevención e defensa contra os incendios forestais de
Galicia, Pladiga 2020. Este ano, como nas últimas campañas, o operativo de
verán estará integrado por máis de 7.000 efectivos, entre persoal da Xunta, dos
concellos, do Ministerio, do Exército e das Forzas e Corpos de Seguridade do
Estado.
Todos eles terán á súa disposición 360 motobombas
e así mesmo, o despregue do persoal de terra reforzouse coa permanencia un mes
máis dos efectivos fixos descontinuos –case 1.000 persoas-, que o ano pasado
estiveron sobre o terreo cinco meses e nesta campaña van estar seis.
No tocante ás melloras tecnolóxicas, destaca a
visualización actualizada de imaxes vía satélite; a compartición de pantalla
entre varios usuarios; ou a implementación de formas ou siluetas provisionais
de evolución do lume.
Ademais, nas tablets coas que contan os axentes e técnicos se inclúen datos cartográficos actualizados, localización GPS dos recursos asignados, rutas de acceso seguidas polos primeiros recursos en chegar, información da evolución do lume; fotografía xeorreferenciada e capacidades de edición, información dos puntos de auga, etc.
Hai tamén un reforzo dos medios aéreos, cun incremento de capacidade de transporte auga, e adaptandose ás condicións establecidas pola emerxencia sanitaria, coa incorporación dos protocolos necesarios para garantir o traballo do persoal en condicións óptimas de seguridade e hixiene.
A maiores, o Goberno galego lembra que tamén está a disposición da cidadanía o servizo gratuíto 085, ao que se debe chamar no caso de detectar un incendio forestal. Failles tamén unha chamada a todas as persoas que se acheguen ao monte nestas datas para que extremen as precaucións e eviten calquera práctica que implique risco de lume.