O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os
datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes
de xuño de 2020.As estatísticas de desemprego continúan marcadas pola
parálise na actividade económica derivada da crise sanitaria da covid-19, que a
súa vez repercute no mercado laboral galego:
Son os seguintes:
Ourense:
Baixa o paro rexistrado en xuño en relación co mes anterior en 552 persoas,
un -2,66 %.
A nivel interanual, isto é, con respecto a xuño do ano pasado, 2.507 persoas
entraron en Ourense nas listas do paro, o que supón un incremento do
desemprego do 14,20 %.
O número de parados queda en 20.162, deles 8.759 son homes e 11.403
mulleres, 18.990 son maiores de 25 anos e 1.172 menores.
Por sectores, 1.027 son da agricultura, 2.329 da industria, 1.556 da
construción, 13.410 nos servizos e 1.849 do colectivo sen emprego anterior.
Galicia:
Galicia remata xuño con 6.428 parados menos que en maio, o
que supón un descenso do 3,36%. O
número de parados queda en 184.654 persoas.
O
que nos sitúa como a comunidade na que máis baixa o paro neste mes de xuño en
termos absolutos e a 2º en relativos, fronte a suba do 0,13% na media nacional.
O nivel de desemprego
segue sendo inferior ao rexistrado en xuño de 2009 (Xuño 2009: 200.240 parados
/ Xuño 2020: 184.654) .
Os datos consolidan o cambio de tendencia rexistrado no mes
de maio no que o paro comezou a diminuír de xeito intermensual.
Hai 18.900 menos que cando comezou esta lexislatura a pesar
de que en marzo e abril se destruíron 25.400 empregos, co que agora poderiamos
estar falando de 44.300 parados menos en Galicia nesta lexislatura.
O paro baixa nas 4 provincias e nas sete grandes cidades, nos
colectivos prioritarios (mulleres e menores de 30 anos) e en todos os sectores
económicos: construción (-5,96%), servizos (-3,91%), industria (-3,68%) e
agricultura e pesca (-0,33%).
CALIDADE NO EMPREGO
-A contratación volve subir de xeito intermensual. Firmáronse
23.541 contratos máis que no mes de maio, o que supón un incremento do 76,25%,
por riba da media estatal (España: 36,32%).
- Esta cifra demostra a recuperación do mercado de
traballo e, o que é máis importante, medrando a contratación indefinida nun
46,39% e a contratación a tempo completo un 63,51%.
EVOLUCIÓN ANUAL
Supón 29.405 persoas máis desempregadas. A
pesar desta suba (en todas as CCAA sube o paro), o ritmo é moi inferior ao
medio estatal, concretamente en máis de nove puntos (Galicia 18,94%; España:
28,09%) o que sitúa Galicia como a terceira comunidade na que se rexistra un
menor ritmo de ascenso interanual.
O desemprego viña diminuíndo en Galicia de xeito interanual
nun mes de xuño e encadeaba seis anos consecutivos de baixadas que se ven
interrompidos polos efectos da covid-19.
-Sobe nas catro provincias, nas sete cidades, en ambos os
dous sexos e en todos os grupos de idade e sectores. A suba en termos
absolutos aparece concentrada no sector servizos (+23.279) o que supón case 8
de cada 10 desempregados e evidencia cal é o sector máis prexudicado pola
covid-19.