Interviron, o primeiro teniente alcalde Jorge Pumar, o presidente local Jesús Vázquez e a cabeza de lista Marisol Díaz Mouteira.
Todos eles destacaron os investimentos executados na cidade nos últimos anos e os importantes proxectos en marcha do goberno de Feijóo como os relacionados coa sanidade (ampliación do hospital de Ourense), cos servizos sociais (residencias de maiores), a educación (centro de formación profesional) e as infraestruturas (reforma da avenida de Marcelo Macías).
Todos coincidiron en pedir o voto para o presidente do PPdeG, Alberto Núñez Feijóo, para continuar cunha Xunta experimentada, que leva 11 anos xestionando, fronte a un multipartito que nin sabe nin pode dicir quen levaría a Consellería de Sanidade ou a de Economía.
Lembraron que se os galegos confían no PPdeG o vindeiro 12 de xullo Galicia terá unha Xunta que actuará desde o primeiro momento, que non perderá o tempo en subastas nin sorteos de consellerías; e que conta coa experiencia e a capacidade de xestión necesarias ante as incertezas sanitarias e económicas; e un presidente que non se deberá á imposición de ningún dos intereses minoritarios, senón unicamente aos galegos.
Insistiron en que era tempo de experiencia e non de experimentos; de respostas coordinadas e non dun multipartito; de xestión e non de meras declaracións; de responsabilidade e non de demagoxias; de aportar certezas e non de máis incógnitas.
Salientaron que a resposta ante o futuro ten que ser unha Galicia unida e non fragmentada coa suma de 10 partidos, tres ideoloxías e 4 candidatos pelexando cada día por ver quen manda máis.