martes, 7 de julio de 2020

Os paseos peonís na estrada N-120 en Razamonde son unha realidade e garanten á seguridade dos veciños


O 10 de outubro de 2015 o alcalde de Cenlle, Gabriel  Alén, mantivo unha reunión coa entón  Ministra de Fomento, Ana Pastor, na que lle expuxo diferentes cuestións de infraestruturas que afectaban o seu Concello  e entre elas os problemas de seguridade vial que tiñan para os veciños as travesías da  N-120 en Barbantes, Laias e  Razamonde.

https://www.farodevigo.es/portada-ourense/2015/10/11/cenlle-pide-fomento-unir-paseo/1329406.html

A ministra foi sensible a estas peticións e encargou que se redactase un estudo sobre unhas sendas peonís en Razamonde, que se materializou en 2016.


A obra foi orzada polo Goberno Popular nos anos 2017 (200.000 €) e 2018 (260.000 €). A principios do ano 2018 recibimos información desde o Ministerio que entón presidía Iñigo de la Serna, confirmando que a obra sería licitada no segundo semestre de 2018.

Pero tras a moción censura e a chegada ao Goberno de Pedro  Sánchez e o seu ministro José Luis Ábalos, comezamos a preocuparnos ante o temor de que ese obxectivo non se cumprise.

Por iso o 27 de setembro de 2018 o deputado Celso Delgado formulou na Comisión de Fomento do Congreso unha pregunta oral ao secretario Xeral de Infraestruturas, Javier Izquierdo na que  dicíalle: “E non quero esquecerme doutra actuación, que é moi pequena, 260.000 euros, nun orzamento de 2018, unhas sendas peonís no Concello de Cenlle,  Razamonde. Está todo aprobado. O seu alcalde está desesperado; recibiu vinte veces informacións de que ía xa, de que ía xa, pódese vostede interesar polas sendas peonís de  Razamonde, 260.000 euros, que está no orzamento, que se pode executar. Teñen un orzamento; está aprobado pola maioría parlamentaria desta Cámara. Aprovéiteno. Teñen que executalo en moi pouquiño tempo. Ínstolle a que o faga, e agradézolle que, por favor, faga un seguimento de todo o que lle expuxen”

 http://www.celsodelgado.gal/2018/09/preguntando-al-gobierno-sobre.html

Despois daquela data foron moitas as xestións realizadas, especialmente polo alcalde de Cenlle, que non parou de insistir ante todas as instancias ministeriais conseguindo que o 28 de decembro de 2018 liquidáranse todos os inconvintes.

Pois ben, o 16 de xaneiro de 2019 o Ministerio de Fomento licitou as obras de construción dos citados paseos peonís, cun orzamento base de licitación que ascendeu a 260.202 €.

http://www.celsodelgado.gal/2019/01/licitadas-as-sendas-peonis-na-estrada-n.html

A data de adxudicación foi a do 30 de agosto de 2019. Recibíronse 28 ofertas e a adxudicataria foi a empresa  XESTIÓN AMBIENTAL DE CONTRATAS S.L.

O valor da oferta seleccionada ascendeu a 163.218,09 euros.

 O 11 de setembro de 2019 foi publicado no BOE o anuncio de formalización dun contrato da Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento relativo á construción de paseos peonís na estrada N-120  P. K. 787,200 ao 588,010 ambas as marxes e travesía de  Razamonde, Cenlle.

 https://www.boe.es/boe/dias/2019/09/11/pdfs/BOE-B-2019-37605.pdf

As obras comezaron en outubro de 2019 e dividíronse en 5 bloques fundamentais: - Traballos previos, demolicións e movemento de terras. - Firmes e pavimentos. - Drenaxe da plataforma e das beirarrúas proxectadas. - Sinalización e Defensa do conxunto do tramo, tanto vertical como horizontal, incluíndo a instalación de sistemas de contención onde resulten necesarios, así como as varandas no  pontón e a solución ao tráfico durante a obra. - Varios: limpeza de beirarrúas con auga a presión, posta a cota de tapas, e limpeza e terminación das obras.

http://www.celsodelgado.gal/2019/10/en-marcha-as-obras-de-construcion-das.html

Como dicía noutra entrada, onte estivemos en Razamonde, vendo o resultado estupendo destas obras, que garanten á seguridade víal dos veciños deste fermoso pobo.

E tiven a sorte de estar en compañía dos impulsores deste proxecto, a exministra de Fomento Ana Pastor, hoxe vicepresidenta do Congreso e sobre todo polo exalcalde Gabriel Alén, que amosou unha enorme tenacidade, insistencia e seriedade, para que estas sendas foran unha realidade.

Eu tiven a sorte de axudar desde o Congreso dos Deputados a coneguilo. 


6.7.2020