O vindeiro luns 20 terá lugar o escrutinio do voto dos residentes no exterior e aínda que o seu resultado non alterará o resultado global das eleccións ao Parlamento de Galicia, é dicir a maioría absoluta de Alberto Núñez, pero si depende a atribución do escano 22 da provincia de Pontevedra, que está provisionalmente asignado ao PSdeG-PSOE, pero tan só por 45 papeletas.
Reterao sempre que por cada voto que obteñan os socialistas o PP de G non some máis de dous, pois esa é a proporción que separa a ambos na repartición desa acta seguindo as regras da lei d' Hondt.
Lamentablemente nestes días estamos recibindo preocupantes noticias relacionadas con que miles de galegos de galegos e galegas que residen no estranxeiro se quedaron sen poder votar e nin tan sequera puideron realizar o trámite de rogar o voto poder tomar parte dos comicios. Outros moitos fixeron a solicitude pero non lle chegaron as papeletas.
Lembramos que poder votar
libre e democraticamente é un dereito de todos os cidadáns.
Durante este proceso electoral, o Goberno galego avisou
reiteradamente á Xunta Electoral para que se tomasen medidas especiais ante a
situación que se estaba a vivir. Petición de medidas que a JEC trasladou ao
executivo central e a sociedade estatal Correos e Telégrafos.
Á vista dos resultados, cabe preguntarse se o Goberno de
España se desentendeu dos galegos do exterior.
Neste momento, o Goberno central ten que tomar as medidas
oportunas para garantir que todos os votos emitidos cheguen ás xuntas
electorais antes do luns día 20 para ser recontados, e non volva a haber un
novo fallo que o impida.