Hoxe tivo lugar na Xunta Electoral Provincial de Ourense o escrutinio dos votos do censo de residentes ausentes (CERA).
Dos 101.403 ourensáns no estranxeiro censados, nestas eleccións, votaron tan só 1.033, un pobre 1,01%.
No censo electoral do INE constaban 2.931 peticións de voto, o que significa que só o 35% dos solicitantes puideron votar finalmente.
Deles 502 electores optaron polo Partido Popular de Galicia (o 48,7 %), polo PSdeG-PSOE 197 e 139 polo BNG.