Onte pola tarde acompañamos ao candidato por A Coruña e secretario xeral do PP de G, Miguel Tellado nun paseo polas rúas do barrio de O Couto,
Logo no parque Barbaña, houbo un mitín no que falaron Jesús Vázquez, Marisol Díaz Mouteira y Tellado.
Este último sinalou que hai máis razóns para ir votar pola estabilidade de Galicia que hai catro anos, pola necesidade de garantir xestión con experiencia, unidade e un Goberno con capacidade para gobernar e para tomar as decisións que sexan necesarias.
Avogou por unha Galicia que teña claras as súas prioridades -saúde, emprego, recuperación económica e benestar-, en lugar dunha na que os intereses cativos substitúan os intereses xerais.
Así mesmo, dixo que Feijóo quere ser o presidente de toda unha Galicia que avanza unida e dunha peza, e non dunha Comunidade partida e repartida en bloques de partidos como acontece en España.
Defendeu o entendemento, a moderación e a unidade, ante aqueles que prefiren os enfrontamentos, as posicións intransixentes e as divisións.
Porén, pediu que o próximo domingo os galegos vaian votar para que gañe Galicia e a democracia, fronte os que alentan o medo para que non se vaia votar.
Neste punto, recordou que, nos anos de crise, a Comunidade deu unha lección de superación e volveu crear emprego; do mesmo xeito que, nestes meses de pandemia, deu unha lección de responsabilidade e solidariedade. Pedíu que o domingo Galicia dea unha lección de democracia.