Pola nosa banda asistiron os deputados nacionais Jaime de Olano e Joaquín García Díez, a parlamentaria autonómica Raquel Arias e a portavoz municipal Katy Varela.
Falamos da problemática ferroviaria da provincia lucense e máis especialmente da comarca de Monforte de Lemos, que ten unha relación directa coa provincia de Ourense (a capital e a comarca de Valdeorras).
Abordáronse temas relacionados coa supresión de servizos ferroviarios con anterioridade á crise da COVID-19 e despois da mesma. Así por exemplo a data de hoxe aínda non circulan os trens nocturnos que unían Galicia con Madrid, Barcelona e o País Vasco.
As ligazóns de Monforte de Lemos con Ourense tamén foron obxecto de conversación xa que por exemplo os horarios actuais dificultan a conexión por exemplo cos trens AVANT que levan a Santiago de Compostela.
As carencias de persoal tanto de maquinistas como de atención na venda de billetes e intervención, nos talleres, as constantes avarías do material rodante etc.
Tamén da problemática do transporte de mercadorías por ferrocarril na que a falta de maquinistas fai que os trens se aparten e párense.
Pola nosa banda informamos das diverdas iniciativas parlamentarias que xa rexistramos neste ano 2020, como preguntas escritas ao Goberno interesándonos sobre se dispón RENFE dun persoal suficiente nos talleres de Ourense e de Monforte de Lemos, que poida atender con prontitude as incidencias que se producen con demasiada frecuencia no material rodante que realizan os servizos comerciais de longa e media distancia que pasan por estas estacións.
Ou sobre as actuacións que adoptará RENFE para evitar que se sigan producindo as numerosas e frecuentes incidencias nos servizos ferroviarios de Galicia, relacionadas nunhas ocasións co material rodante e outras coa infraestrutura, especialmente na relación Vigo - Ourense – Monforte-Valdeorras- Ponferrada e na relación A Coruña - Lugo – Monforte de Lemos.
Nela diciamos que esperabamos que esta noticia non se confirmase xa que a pandemia non pode ser unha escusa para reducir os servizos de transporte de tren para os usuarios destas relacións, entre eles os de varias estacións da provincia de Ourense e Lugo.
Tomamos boa nota de todo o escoitado e trasladaremos estas preocupacións e demandas a nosas respectivos ámbitos de representación, Congreso, Parlamento de Galicia, Deputación e Concellos.
Insistiremos na recuperación da oferta de servizos comerciais de modo que non se perda conectividade e que lucenses e ourensáns teñan alternativas de mobilidade de calidade. En por suposto demandaremos solucións as carencias de persoal, material rodante, etc.