Informa a Xunta que vén de iniciar as obras de mellora do firme nas estradas autonómicas OU-122 e OU-123, en Carballeda de Valdeorras, no acceso ás canteiras de lousa.
Esta actuación, cun investimento
de máis dun millón de euros, terá un prazo de execución de 6 meses.
O desenvolvemento destes
traballos fará necesaria a realización de cortes de tráfico, que serán
anunciados e sinalizados previamente e contarán cos correspondentes desvíos
alternativos para facilitar a mobilidade na contorna.
A intervención comprenderá
melloras na capa de rodadura na estrada OU-122, desde o punto quilométrico
16+400 ata o final, na fronteira coa provincia de León, no 26+260; e na estrada
OU-123 ao completo, desde a mesma OU-122 a Casaio.
O obxectivo é o acondicionamento
dos treitos que soportan o tráfico de vehículos de grande tonelaxe que acceden
ás canteiras.
Os traballos prevén actuar en
todo o ancho da plataforma das dúas estradas e consisten na mellora do estado
dos firmes, na limpeza de gabias e no reperfilado de noiros.
As obras incluirán o repintado da
sinalización horizontal e a reposición da sinalización vertical e balizamento.
Celebro esta nova. Arranxar estas
estradas é unha necesidade evidente.