martes, 25 de agosto de 2020

A caída en xullo da ocupación en hotéis na provincia de Ourense foi a menor de toda Galicia


Difunde onte o Instituto Nacional de Estatística (INE) varias estatísticas de conxuntura hostaleira correspondentes ao mes de xullo de 2020.

Así coñecemos que os hoteis da provincia de Ourense acolleron un total de 19.032 persoas, cifra un 46% inferior á rexistrada no mesmo mes de 2019, cando a cifra de visitantes ascendeu a 35.299. 

A caída da demanda foi do 43% en Ourense, inferior ao 47% de Pontevedra, o 53% da Coruña e o do 63% en Lugo.

Os visitantes que elixiron a nosa provincia foron 17.843 residentes en España e 1.189 residentes no estranxeiro.

Os que elixiron Ourense durante o mes de xullo contrataron 38.339 noites, e unha estancia media de 2,01 pernoitas por viaxeiro.

A provincia contaba en xullo con 140 hoteis abertos, 2.828 habitacións estimadas, e 544 persoas empregadas.

O grao de ocupación por prazas foi do 23,40% e de ocupación por habitacións do 28,07 %