Esta tarde tamén se desprazou á zona o conselleiro do Medio Rural, José González, para coñecer máis detalles do sinistro e comprobar in situ como avanzan os traballos de extinción.
O lume, que entrou en Galicia desde a parte portuguesa do parque natural, iniciouse ás 8,00 h. desta mañá e a esta hora permanece activo. Segundo as primeiras estimacións, afecta unhas 10 hectáreas na nosa comunidade. No control do incendio levan traballado 4 axentes, 12 brigadas, 4 motobombas, 9 avións e 5 helicópteros.
Permanece tamén activo o incendio do concello ourensán de Toén, parroquia de Moreiras, que segundo as últimas estimacións afecta unhas 250 hectáreas.
Segue controlado así mesmo o lume do concello ourensán de Viana do Bolo, parroquia de Pradorramisquedo, que afecta unha superficie dunhas 200 hectáreas.