viernes, 7 de agosto de 2020

Lembrando o acto de constitución da V Lexislatura do Parlamento de Galicia


Lembro hoxe como o 18 de novembro de 1997 tivo lugar no Parlamento de Galicia o acto de constitución da V Lexislatura, despois das eleccions do 19 de outubro de 1997 nas que fun elixido deputado pola provincia de Ourense
.

Daquela a  Mesa de Idade foi presidida por D. Manuel Fraga Iribarne, e ós dous deputados máis novos, D. Bieito Lobeira Domínguez e D. Joaquín Muñoz González fixeron de secretarios.

Despois da lectura dos artigos 3 e 5 do Decreto 225/1997, do 25 de agosto, de disolución do Parlamento de Galicia e de convocatoria de eleccións, e da lectura da relación de deputados e deputadas proclamados electos comezou a elección da Mesa do Parlamento:

Elección do presidente: Quedou proclamado presidente o Sr. García Leira (PP) por 42 votos a favor, 32 votos e  en branco e 1 voto nulo.

Elección dos vicepresidentes: Quedou proclamado vicepresidente primeiro o Sr. Delgado Arce (PP) por 42 votos a favor e vicepresidente segundo o Sr. Álvarez Domínguez (BNG) por 20 votos a favor. Houbo 13 votos en branco. 

Elección do secretario e do vicesecretari: Quedou proclamado secretario o Sr. Pedrosa Vicente (PP) por 42 votos a favor e vicesecretario o Sr. Cortizo Nieto (PSdeG-PSOE/EU-EG/OS VERDES) por 15 votos a favor. Houbo 18 votos en branco. 

Logo aconteceu a Constitución da Mesa do Parlamento. E para dar cumprimento ó artigo 5 do Regulamento da Cámara, prestaron o seu xuramento ou promesa de acata-la Constitución e o Estatuto de Galicia o presidente e os membros da Mesa e, a continuación, por orde alfabética, os demais deputados e deputadas.

Finalmente o Sr. presidente diríxelle unhas palabras á Cámara e declarou  constituída a V lexislatura. 

 Tódolos deputados, postos en pé, cantamos o himno galego.

Este é o enlace al Diario de Sesións: