domingo, 23 de agosto de 2020

A taxa interanual das exportacións galegas en xuño de 2020 é do 19,0%, mentres que no conxunto do Estado é do -9,2%


Leo hoxe o interesante Informe sobre comercio exterior de Galicia correspondente ao mes de xuño, elaborado polo IGE e que provén de rexistros administrativos do “Departamento de Aduanas e Impuestos Especiales” da “Agencia Estatal Tributaria”, que recollen mensualmente as operacións de comercio exterior de bens que se producen en España.

Exportacións

En xuño de 2020, en Galicia, as exportacións aumentaron un 19,00 % respecto ao mesmo mes de  2019 e no total deste ano 2020 a taxa de variación é dun -17,7 %

Os produtos con maior influencia positiva nas exportacións de xuño foron os “Vehículos automóbiles; tractores”, que, cun peso do 36,0% sobre o total das exportacións galegas e unha taxa interanual do 70,8%, repercuten en 17,8 puntos; seguidos, a máis distancia, polas “Prendas de vestir, non de punto”, con 3,1 puntos; e as “Prendas de vestir, de punto”, con 2,4 puntos. 

Pola contra, os produtos con maior repercusión negativa foron os “Aparellos e material eléctrico”, con -1,8 puntos; os “Barcos e embarcacións”, con -1,6 puntos; e a “Pasta de madeira; papel reciclado”, con -1,1 puntos.

Neste primeiro semestre do ano, as vendas ao exterior de “Prendas de vestir, non de punto” (-5,9 puntos), “Aparellos e material eléctrico” (-2,4 puntos) e “Prendas de vestir, de punto” (-2,3 puntos) son as que inflúen máis negativamente no comportamento das exportacións. Polo tanto, o grupo das “Materias téxtiles e as súas manufacturas”, que representa o 19,4% das exportacións neste ano 2020, resta en total 9,1 puntos. A influencia máis positiva corresponde ás exportacións de “Conservas de carne ou pescados”

Importacións

Os produtos que máis negativamente influíron nas importacións en xuño foron os “Combustibles, aceites minerais”, que representan o 4,4% do peso total e restan 10,2 puntos á taxa; destacan tamén os “Vehículos automóbiles; tractores”, con -4,0 puntos. Pola contra, as maiores repercusións positivas atopámolas nos “Residuos da industria alimentaria” e nos “Artigos téxtiles-fogar”, que repercuten en 2,9 puntos entre os dous.

No que vai de ano, os “Vehículos automóbiles; tractores” (-9,8 puntos) e os “Combustibles, aceites minerais “ (-7,5 puntos) representan as maiores repercusións negativas á taxa de variación total e os “Artigos téxtiles-fogar” e as “Prendas de vestir, de punto” a maior achega positiva, con 0,5 puntos cada un.