Esta mañá con carácter previo á sesión constitutiva do Parlamento de Galicia de hoxe o Grupo Popular acordou propoñer que Miguel Santalices Vieira sexa o Presidente do Parlamento de Galicia e designou a Pedro Puy Fraga como portavoz do Grupo Parlamentario.
Ademais, o Grupo Popular acordou propoñer a Diego Calvo Pouso como vicepresidente do Parlamento de Galicia e Corina Porro Martínez como secretaria primeira da Mesa do Parlamento.
Ademais de Alberto Núñez Feijóo, como Presidente; e de Pedro Puy, como portavoz; o organigrama directivo do Grupo Parlamentario Popular completarase con tres viceportavocías: o actual secretario xeral do PPdeG, Miguel Tellado; e as deputadas Elena Candia e Paula Prado.