martes, 4 de agosto de 2020

Galicia reduce en xullo o número de desempregados un 5,06%, unha media de 300 persoas ao día

O Servizo Público de Emprego Estatal difunde hoxe os datos oficiais do paro rexistrado correspondentes ao mes de xullo de 2020.

Son os seguintes:

Galicia:

Galicia remata xullo  con 9.343 parados menos que en xuñoo, o que supón un descenso do  5,06 %. O número de parados queda en 175.311 persoas. Deles 74.77 son homes e 100.534 mulleres, 166.729 son maiores de 25 anos e 8.582 menores.

Por sectores, 6.045 son da agricultura, 19.357 da industria, 13.862 da construción, 121.372 nos servizos e 14.675 do colectivo sen emprego anterior. 

Se confirma a tendencia iniciada no mes de maio, ao sumar tres meses consecutivos reducindo as cifras de desemprego, un período no que xa se logrou recuperar o 64% do emprego destruído nos meses de marzo e abril debido á crise da Covid-19.

Este dato sitúa Galicia como a terceira Comunidade -en termos relativos- na que máis se reducen as cifras do paro, superando en preto de tres puntos a baixada a nivel nacional. 

O paro tamén baixou nas catro provincias, en concreto un 6,19% en Pontevedra, un 5,29% en Lugo, un 4,49% na Coruña e 2,96% en Ourense. Galicia volve reducir as cifras do paro en todos os sectores de actividade encabezando este descenso os servizos (-5,90%), seguidos da construción (-5,49%), a industria (-4,82%) e a agricultura e a pesca (-3,60%). De feito, a baixada nos servizos concentra o 81% da redución do paro neste mes.


No tocante á evolución anual Galicia encadeaba seis anos consecutivos de baixadas interanuais nun mes de xullo, que se ven interrompidos polos efectos da ovid-19. Así, Galicia suma 24.390 persoas máis desempregadas (un 16,16% máis que hai un ano), o 75% do sector servizos, onde se concentran 18.414 desempregados. 

Aínda así, nun contexto no que o paro internanual aumenta en todas as comunidades autónomas, Galicia é a terceira, en termos relativos, na que menos sobe, nove puntos por debaixo da media estatal que se sitúa nun 25,29%.

Ourense:

Baixa o paro rexistrado en xullo en relación co mes anterior en 596 persoas, un -2,96 %. 

O número de parados na provincia de Ourense queda en 19.566, deles 8.351 son homes e 11.215 mulleres, 18.462 son maiores de 25 anos e 1.104 menores.

Por sectores, 992 son da agricultura, 2.268 da industria, 1.503 da construción, 12.862 nos servizos e 1.941 do colectivo sen emprego anterior.

A nivel interanual, isto é, con respecto a xullo do ano pasado, 2.465 persoas entraron en Ourense nas listas do paro, o que supón un incremento do desemprego do  14,41 %.