Un dos puntos do corredor ferroviario entre Taboadela e Ourense que vin con máis detalle o pasado venres foron os accesos ao apartadoiro de COREN no Polígono de San Cibrao dás Viñas.
Así na estación de Taboadela, ademais da vía de tres carrís, para o paso de trens de alta velocidade quedan outras dúas, unha para a carga dos contedores de Sogama e outra para as manobras dos trens de cereal que van ao citado apartadoiro de Coren.
Logo achegueime ata a fábrica de piensos de Coren, no citado Polígono, e puiden ver a descarga dun dos vagóns do tren cerealeiro que procedente do porto de Marín descargaba nese momento millo nunha cinta transportadora que comunica coa planta industrial.
Fixen estas fotos.
Sinalar que nunha resposta parlamentaria do Goberno a este deputado, e data 27 de marzo, informaba que no ano 2010 movéronse 227.589 toneladas de mercadorías en 4.014 vagóns no cargadero ferroviario de Coren no Polígono Industrial de San Cibrao das Viñas.