sábado, 26 de septiembre de 2020

Vendo os avances das obras de construción da nova estación de autobuses e do aparcadoiro subterráneo da estación intermodal de Ourense

 


Como queda constancia neste blog, visito con frecuencia a estación Ourense-Empalme para ver a evolución das obras de construción da nova estación de autobuses e do aparcadoiro subterráneo da intermodal ferroviaria de Ourense.

Onte pola tarde estiven, e fixen estas fotos.

Puiden ver os notorios avances tanto na construción do edificio da terminal de autobuses de 700 metros cadrados construidos (tabiquería, recestimento exterior, instalacións, etc)  como das estructuras prefabricadas das marquesinas na área das trece dársenas de operación e das tres de regulación.

Tamén constato notables avances, sobre o visto o 8 de agosto, nas obras do aparcadoiro subterráneo. A excavación está totalmente rematada e xa están en marcha os traballos da primeira planchada.


Lembro unha vez máis que en marzo de 2019 o Consello de Administración de Adif Alta Velocidade aprobou a adxudicación á empresa Acciona, por importe de 5.491.603,69 euros (IVE incluído), a construción dun novo aparcadoiro na estación intermodal de Ourense.

A súa construción responde ao Convenio Marco de Colaboración subscrito o 22 de xuño de 2016 - na etapa de goberno do Partido Popular- entre o Ministerio de Fomento,  Adif-AV, a Xunta de Galicia e o Concello de Ourense, para o desenvolvemento da futura estación intermodal na cidade e a súa contorna urbana.

Situado baixo a área de aparcadoiro da actual praza da estación, terá unha superficie total de 8.645 metros cadrados distribuídos en dous andares en que se repartirán as 302 prazas e xunto á nova estación de autobuses, garantindo o efectivo intercambio modal para os usuarios.

O soto 1 albergará 145 prazas e o soto 2 inclúe 157. Do total de prazas reservaranse cinco en cada soto para persoas con mobilidade reducida.

Este aparcadoiro subterráneo dará servizo ao complexo intermodal pero tamén ao barrio da Ponte, onde abundan os edificios sen garaxe e falta un espazo de estacionamento de estas características e capacidade.

Continuarei facendo o seguimento da execución destas obras.


ENLACES A ANTERIORES ENTRADAS SOBRE ESTE TEMA

http://www.celsodelgado.gal/2020/08/onte-pola-tarde-tiven-oportunidade-de.html

http://www.celsodelgado.gal/2020/06/a-xunta-publica-hoxe-na-plataforma-de.html

http://www.celsodelgado.gal/2020/05/continuan-en-ourense-as-obras-de.html

http://www.celsodelgado.gal/2020/05/a-xunta-licita-as-obras-de-demolicion.html

http://www.celsodelgado.gal/2020/04/onte-tivo-lugar-reactivacion-polo.html

http://www.celsodelgado.gal/2020/03/o-cooronavirus-non-frea-polo-momento-as.html

http://www.celsodelgado.gal/2020/02/visitoa-primeira-hora-de-hoxe-nunha.html

http://www.celsodelgado.gal/2020/01/sobre-o-proxecto-da-estacion-de.html

http://www.celsodelgado.gal/2019/11/hoxe-conselleirade-infraestruturas-e.html

http://www.celsodelgado.gal/2019/09/vexo-onte-inminencia-docomezo-dos.html

http://www.celsodelgado.gal/2019/07/o-30-de-maio-os-deputados-electos-do_18.html

http://www.celsodelgado.gal/2019/03/adxudicada-construcion-do-novo.html

http://www.celsodelgado.gal/2019/03/hoxe-o-diariooficial-da-union-europea.html

http://www.celsodelgado.gal/2018/11/avances-no-roxecto-de-construcion-do.html

http://www.celsodelgado.gal/2018/09/comezan-as-obras-da-stacion-de.html

http://www.celsodelgado.gal/2018/02/licitadas-as-obras-da-nova-estacion-de.html