martes, 8 de septiembre de 2020

Vendo a nova estación ferroviaria de alta velocidade de Sanabria, da LAV a Galicia


O 26 de febreiro de 2019 visitei as obras da nova estación de alta velocidade de Sanabria (Zamora) inscrita no tramo  Cernadilla-Pedralba de la Pradería do Corredor Norte-Noroeste de alta velocidade ferroviaria. 

Unha estación que se sitúa na localidade de Otero de  Sanabria, no termo municipal de Palacios de  Sanabria,  e cuxo acceso se realizará a través dun novo viario de conexión coa estrada nacional  N-525, que á súa vez enlaza coa autovía das Rías Baixas (A-52).

Un contrato, por importe ascende a 4.009.940 euros (IVE incluído), que foi adxudicado por  Adif alta Velocidade  á UTE  COPISA- EASA. 

Un proxecto de estación que comprende as seguintes actuacións: un novo edificio de viaxeiros; a construción dun novo tramo de 160  m de lonxitude que conecte o viario de acceso ao  PAET (Posto de Adiantamento e Estacionamento de Trens) coa urbanización da estación; a urbanización da estación, praza de acceso e áreas peonís; o aparcadoiro en superficie; a pasarela de conexión entre plataformas, escaleiras e rampla; as plataformas (soleira, pavimentos e pezas de bordo); as marquesiñas; e a revexetación de noiros e restauración do ámbito de actuación.

Así o publicaba no meu Blog.

http://www.celsodelgado.gal/2019/02/viaxei-onte-por-estrada-madrid-e-no.html

Visitei este mesmo lugar o 4 de xaneiro de 2019 como din tamén conta neste blog

 http://www.celsodelgado.gal/2019/01/visitando-as-obras-la-lav-galicia.html


Hoxe, viaxando en coche pola autovía A-52 de camiño a Madrid, desvieime ata a ligazón coa  N-525 en Palacios de  Sanabria, para ver o estado das obras desta estación de Otero de  Sanabria.

Puiden comprobar que había unha intensa actividade de operarios que ultimaban actuacións no edificio, na pasarela, nas plataformas e nos aparcamentos.

Esperamos co maior interese que neste mes de setembro a  AESF autorice que os trens  S-730 do servizo Alvia de Galicia a Madrid, e viceversa, o novo tramo de Zamora a Pedralba de la Pradería, onde mediante o  cambiador de anchos de Lobeznos as unidades seguirán pola vía convencional.