Máis polo miúdo, Feijóo precisou que a Vicepresidencia
Primeira asume as competencias da Axencia de Turismo de Galicia; e a Secretaría
Xeral de Igualdade pasa a integrarse na Consellería de Emprego e Igualdade,
onde se crea unha nova dirección xeral: a Dirección Xeral de Relacións
Laborais, coa que se reforza este ámbito de cara aos vindeiros meses, nos que a
reactivación económica e o emprego debe ser unha prioridade.
“E o segundo dos órganos directivos de nova creación
tamén ten que ver coas prioridades do momento actual”, dixo, referíndose á
Dirección Xeral de Atención Integral Sociosanitaria, que formará parte da
Consellería de Política Social, que reforzará esta área para afrontar os retos
presentes e futuros dos servizos sociais, ante a necesidade de perfeccionar os
mecanismos de atención sanitaria nos centros de maiores e persoas con
discapacidade e de repensar o modelo de residencias, ademais de seguir
axilizando os procesos de valoración da dependencia e da discapacidade.
No tocante á Consellería de Facenda, o titular da
Xunta subliñou que asume a Dirección Xeral de Avaliación e Reforma
administrativa e a Escola Galega de Administración Pública. E referiuse tamén
aos cambios de denominación en varios departamentos das distintas consellerías,
como a Dirección Xeral de Enerxía e Minas pasa a chamarse Dirección Xeral de
Planificación Enerxética e Recursos Naturais.
En relación aos nomes das persoas que ocuparán outras
responsabilidades, Feijóo explicou Antonio Rodríguez Miranda será o secretario
xeral de Emigración. Na Consellería de Facenda, Jesús Oitavén estará á fronte
da Dirección Xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, onde substitúe a
Natalia Prieto Viso que ocupará a Dirección Xeral de Administración Local.
Elena Mancha Montero de Espinosa ocupará a recentemente creada Dirección Xeral
de Relacións Laborais da Consellería de Emprego e Igualdade. E, José Luis
Cabarcos asumirá a dirección da Axencia galega da Calidade Alimentaria
(Agacal), en substitución de Manuel Rodríguez.
Inés Santé Riveira será a nova directora da Axencia
Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), cargo no que releva a Miguel Pérez
Dubois. Silvia Cortiñas será a nova secretaria xeral técnica da Consellería do
Mar. E José Flores asume a xerencia do Sergas, onde substitúe a Antonio
Fernández Campa.
Pola súa banda, Carmen Durán Parrondo ocupará a
Dirección de Saúde Pública e Ana María Comesaña Álvarez será a nova directora
de Recursos Humanos do Sergas.
En Política Social: Jacobo Rey Sastre asume a
Dirección Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica; Fernando
González Abeijón ocupará a Dirección Xeral de Maiores e persoas con
discapacidade; e o doutor Antón Acevedo, médico especialista en Medicina
Preventiva e Saúde Pública, farase cargo da Dirección Xeral de Atención
Integral Sociosanitaria.
En canto ás delegacións territoriais, Feijóo precisou que: Gonzalo Trenor farase cargo da de Coruña; Gabriel Alén ocupará a Delegación de Ourense; Luisa Piñeiro exercerá como delegada territorial da Xunta en Pontevedra; Javier Arias Fouz será o delegado territorial da Xunta en Lugo e, finalmente, a delegada territorial da Xunta en Vigo será Marta Fernández Tapias.
O presidente da Xunta concluíu subliñando que os novos delegados substitúen a Ovidio Rodeiro, José Manuel Balseiro, Marisol Díaz Mouteira, José Manuel Cores Tourís e Corina Porro, aos que agradeceu profundamente a súa labor á fronte da Administración periférica da Xunta, e que continuarán servindo aos galegos no Parlamento de Galicia.
Celebro este cambio de estrutura, felicito a todos os recén nomeados, con especial mención a Gabriel Alén que despois dunha excelente xestión no concello de Cenlle accede a delegación territorial da Xunta en Ourense,
E o meu recoñecemento ao traballo dos responsables destas áreas ata agora, tamén con especial mención a Marisol Díaz Mouteira, anterior delegada territorial e a María Amparo González, anterior Directora Xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica.