Neste mesmo
blog, o 14 de xuño de 2019 daba conta da adxudicación da execución do
proxecto construtivo á empresa Telice
por 1.782.939,22 euros (IVE incluído), e un prazo de execución de 6 meses.
http://www.celsodelgado.gal/2019/06/adxudicada-por-adif-electrificacion-do.html
As obras para a instalación da catenaria no traxecto iniciáronse o pasado mes de setembro de 2019.
Tamén se atopa en fase de
supervisión o proxecto de renovación integral e adecuación da infraestrutura do
citado traxecto, no que destaca a racionalización e adaptación das instalacións
para as novas condicións de explotación da estación de Tui.
Adif efectuou, a
partir das 00:01 do pasado día 27 de xullo de 2020, a posta en tensión da catenaria para a tracción eléctrica do tramo
entre Guillarei-Tui-Fronteira Portuguesa,
pertencente á liña de ancho convencional
Guillarei-Valença do Minho.
Executouse a
instalación completa da nova liña aérea de contacto(LAC), electrificada a
3.000 V e preparada para a súa posterior electrificación a 25.000 V, e o telemando das súas instalacións. A nova
instalación está telemandada desde un
novo posto local situado en Tui e desde o posto central de Ourense.
O pasado 6 de
agosto de 2020, Adif daba conta da
aprobación da licitación do contrato de
instalación dunha nova saída de feeder na subestación de Guillarei e outras actuacións
complementarias, no marco da electrificación do tramo Guillarei-Tui e a conexión coa rede
ferroviaria portuguesa.
A instalación da
nova electrificación no tramo
Guillarei-Tui e a súa interconexión coa rede portuguesa fan necesario
executar, segundo os resultados do estudo de potencia realizado por Adif, as seguintes actuacións
complementarias:
- Incorporación dun
segundo grupo de 3.000 KW na subestación de Redondela, mediante a instalación
dunha subestación móbil de tracción.
- Mellora das
proteccións das subestacións eléctricas de tracción de Redondela, Sela e
Guillarei.
- Inclusión dunha
nova saída de feeder na subestación
de Guillarei. Os feeder son os condutores encargados de
alimentar a catenaria (liña aérea de contacto)
desde as subestacións.
- Substitución de
compoñentes de telemando nas
subestacións de Redondela, Sela e Guillarei.
O orzamento de licitación do contrato é de 719.139,80 euros (IVE incluído).
Unha vez finalicen
estas actuacións e tras a realización das probas de fiabilidade, poderá ser
posta en servizo.
Electrificación
do tramo da Liña do Minho entre Viana do Castelo e Valença
http://www.celsodelgado.gal/2018/07/un-paso-adiante-na-electrificacion-do.html
En maio de 2019 tiven oportunidade de constatar na propia estación de
Valença a colocación dos postes sobre os que logo se colocaría o
tendido áereo.
http://www.celsodelgado.gal/2019/05/en-execucion-as-obras-de-eletrificacion.html
As obras de eletrificación da Lña do Minho ata Valença deberán estar concluídas a finais deste ano 2020. O prazo foi anunciado en maio polo secretário de Estado das Infraestruturas, Jorge Delgado.
A primeira fase da modernización desta
liña entre Nine e Viana do Castelo, de 44 quilómetros foi xa inaugurada o 15 de
xuño de junho de 2019 e foi iniciada a circulación
eléctrica. A obra foi executada en 820 días.