sábado, 5 de septiembre de 2020

Alberto Núñez Feijóo, investido presidente da Xunta de Galicia na XI Lexislatura




Viaxo esta mañá a Santiago de Compostela para asistir no Parlamento de Galicia a toma de posesión do presidente da Xunta de Galicia na XI Lexislatura.

O acto celebrouse no Salón dos Reis do Parlamento de Galicia, onde o titular da Cámara, Miguel Ángel Santalices Vieira, deu lectura ao Real Decreto polo que se nomea presidente da Xunta de Galicia a Alberto Núñez Feijóo
 
De seguido, Núñez Feijóo prometeu  o seu cargo como presidente da Xunta e tomou a palabra nun acto organizado respectando distancia social e outras medidas orientadas a previr a propagación da coviD-19.
 
De feito, ao Salón dos Reis accedeu só a cuarta parte dos convidados que tradicionalmente se daban cita neste mesmo espazo noutras tomas de posesión, mentres que as restantes persoas se situaron noutra sala, nos corredores e no patio interior do pazo do Hórreo, onde seguiron o desenvolvemento do acto a través de pantallas.

Tras a promesa do cargo, Feijóo pronunció este discurso:

“Señora ministra de Política Territorial y Función Pública

Señor ex presidente del Gobierno, señor Rajoy
Señor presidente de la Comunidad Autónoma de Andalucía
Señora presidenta de la Comunidad Autónoma de Madrid
Señor presidente de la Comunidad Autónoma de Castilla León
Señor Pablo Casado, jefe de la oposición
Señor presidente del Parlamento
Señoras y señores miembros de la Mesa del Parlamento
Señor delegado del Gobierno y señor alcalde de Compostela
Señora vicepresidenta de la Mesa del Congreso de los Diputados
Señor General Jefe de la Fuerza Logística de Galicia
Señoras y señores conselleiros do Goberno de Galicia
Señor González Laxe, ex presidente da Comunidade Autónoma
Señores presidente e fiscal superior do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia
Señor voceiro do Grupo Parlamentario Popular
Señora voceira do Grupo Parlamentario do Bloque Nacionalista Galego
Señor voceiro do Grupo Parlamentario do Partido Socialista de Galicia
Señores e señoras ex presidentas do Parlamento de Galicia
Señora e señores presidentes das entidades e órganos estatutarios
Señor presidente da Deputación de Ourense
Señores reitores das universidades de Galicia
Señor presidente da Fegamp
Señoras e señores
Queridos amigos

Os tempos difíciles que nos toca vivir reclaman distancia e proximidade. Distancia física entre as persoas para combater a pandemia, e ao mesmo tempo proximidade entre os cidadáns e as súas institucións.

Os tempos difíciles piden que esa proximidade democrática sexa máis estreita, máis auténtica e máis intensa. O pobo galego así o entendeu nun proceso electoral celebrado cunha explicable inquedanza polos efectos da Covid e as súas secuelas sociais e económicas.

Malia todo, Galicia creu que a democracia e o autogoberno son ferramentas útiles en medio do desacougo; ferramentas que cómpre fortalecer coa participación serena neste momento crucial no que se manifesta a soberanía popular. Galicia acudiu á súa cita con Galicia para enviar unha mensaxe elocuente que se resume en dous principios: moderación e estabilidade. Ambos principios manifesteinos no Debate de Investidura.

Non son ideas novas, senón que teñen un fondo arraigo na nosa conciencia colectiva. Ese binomio forma parte das ensinanzas que recibimos dos nosos maiores, e acredítase coa nosa propia experiencia.

Os galegos de onte e os galegos de hoxe aprendemos que a moderación non é debilidade, senón fortaleza, e que a estabilidade non é inmobilismo senón un dinamismo asentado en bases firmes.

Cando se abandona a moderación e se esquece a estabilidade, as comunidades políticas debilítanse e acábase perdendo a sintonía entre as institucións e a cidadanía. Os grandes logros apóianse neses dous baluartes. Avanzamos con eles, e cando as circunstancias son adversas como ocorre no momento presente, servímonos deles para resistir mellor e erguernos despois con mais brío.

Galicia é unha forza tranquila capaz de definir o seu propio modelo e marcar o seu propio camiño.

Os galegos desta altura do século XXI tamén teñen dereito a preguntar que pode facer o seu país por eles. Aportan traballo, aportan esforzo, aportan solidariedade e unha chea de valores cívicos que volven brillar nestas circunstancias sombrías.

En contrapartida están facultados para pedir das súas institucións aptitudes e actitudes acordes co reto do momento. Lonxe dese tipo de identidades que parecen buscar a fricción sen importar a eficacia nin a acción do goberno, Galicia iza outra moi distinta: unha identidade harmónica e fraternal, que lle pide aos seus dirixentes unha gobernanza afectiva e efectiva na que teñan prioridade os problemas prioritarios e se afaste a discordia.

Eu chámolle a iso galeguismo.

Galeguismo social, tecido polos afectos e intereses comúns que unen aos galegos.

Galeguismo cultural, feito con maneiras de ser, pensar e falar.

Galeguismo político, que sitúa a Galicia como principio e destino da nosa acción de goberno.

Hai moitos séculos o filósofo Platón equiparaba a política co traballo do tecedor. É unha fermosa metáfora que practicou arreo o noso galeguismo histórico, obsesionado con evitar as discordias e empeñado en atopar fíos consistentes que nos mantiveran unidos. Atopamos finalmente ese fío na democracia constitucional española e no autogoberno galego.

Ambos son navíos que demostran a súa valía en todo tipo de mares, con augas calmas e augas turbulentas como as que agora nos rodean. Neles cabemos todos, e todos podemos participar na súa mellora. O sistema parlamentario e autonómico que nos demos coa Constitución son sinónimos de moderación e de estabilidade e por esa razón os galegos, maioritariamente, téñenas incorporado á súa identidade de mulleres e homes libres. Na España actual son firmes garantes da liberdade, da igualdade e da fraternidade.


Señoras y señores. Como presidente de la Xunta de Galicia y representante ordinario del Estado en la Comunidad Autónoma, no puedo ignorar que la pandemia es una de las peores pruebas a las que se enfrentó nunca nuestro sistema político. Es innegable que se producen desajustes en la articulación de las diferentes administraciones. Algunos de ellos son equiparables a los que padecen otros estados complejos, pero otros derivan de la que, en mi opinión, es una errónea concepción del Estado de las autonomías. En él, la cogobernanza debiera ser algo habitual y espontáneo, y no presentarse como una concesión derivada de una situación excepcional.

España es un Estado compuesto, no un mosaico descompuesto con las piezas esparcidas. La Xunta de Galicia y el Gobierno central son dos componentes del Estado que la Constitución no situó frente a frente, sino al lado de los mismos ciudadanos para trabajar juntos. Es un principio que el Gobierno de Galicia practicó aportando ideas durante la crisis, que después, en algunos casos, fueron aplicadas con carácter general. Un comportamiento acorde con una autonomía colaborativa que no se siente ajena a nada que afecte a la nación común.

Señora Ministra de Política Territorial y Función Pública, quiero aprovechar para agradecer al Gobierno central y a su presidente la felicitación que me han hecho llegar, así como su compromiso de colaboración, que yo les avanzo que es recíproco. La cooperación, que siempre es necesaria, se ha vuelto imprescindible en la actual situación y la Xunta seguirá siendo una administración leal y colaboradora.

E postos a agradecer, tamén quero facer un recoñecemento a aqueles que me precederon no cargo. Sen dúbida, sen a labor e a entrega do presidente Albor, do presidente Laxe, do presidente Fraga e do presidente Touriño, non sería hoxe o que a Xunta é.

Mención especial quero facer ao presidente Fraga, por ser o que máis tempo ocupou a máis alta responsabilidade de goberno que outorga o pobo galego.

Agradecer ao meu partido político, representado polo seu presidente nacional e líder da oposición, o deputado Pablo Casado; ao secretario xeral e á presidenta e aos presidentes do Partido Popular de Galicia; e tamén, por suposto, aos compañeiros presidentes do Partido Popular en outras comunidades autónomas como Andalucía, Madrid, Castela León, Castela A Mancha, Estremadura, Aragón e A Rioxa.

Agradecer aos 42 deputados do Grupo Parlamentario que posibilitan que hoxe poida estar aquí despois de ser investido polo presidente do Parlamento co visto e prace da S.M. O Rei e subscrito polo presidente do Goberno central.

Permítanme un agradecemento especial pola presencia nas catro investiduras dos secretarios xerais de UXT, CC OO e CSIF da sociedade estatal Correos, que xuntos nos comprometemos fai tempo en demostrar que o público tamén pode ser eficiente e o correo público español o é e, ademais, é a empresa que vertebra España e o sabemos ben en Galicia, que é a comunidade autónoma con máis carteiros rurais.


Agradecendo a todas as persoas que actualmente e no pasado formaron parte dos gobernos que presidín durante estes, case, últimos doce anos.

E permítanme un capítulo especial de agradecemento político a dúas persoas: ao presidente Rajoy e ao ministro Romay, determinantes na miña vocación política e exemplo de que se pode ser político e cabaleiro.

Señoras e señores. Nesta cerimonia tan distinta (como tantas cousas estes meses) na sede parlamentaria, aspiro a que tome posesión unha idea de Galicia. Afectuosa, ampla, fraterna, que quere estenderse como unha aperta a todos os galegos e a todas as galegas. Considérome simplemente un intérprete temporal de valores que o noso pobo atesoura dende a noite dos tempos. Os galegos seguirán escribindo o guión.

Desde os “verdes castros” antigos ata este 5 de setembro de este ano 20 do século XXI, Galicia ten sido unha síntese incesante, unha suma, unha xuntanza de vontades e culturas onde a palabra “alleo” non ten sitio. A nosa terra non é un río que se divide en afluentes, senón un caudal coma o do Miño (ao seu carón nacín e vivín coa miña familia) que se enriquece con afluentes diversos. Esa Galicia non limita con nada porque non ten límites. É española e europea e reivindica e exerce o seu papel en España e en Europa.

A esta Galicia convertida nunha democracia madura non se lle pode agochar a verdade. A verdade fainos libres e forma parte do que os galegos poden e deben esixir aos seus gobernantes.

Descoñecemos toda a dimensión dunha crise que modifica o noso estilo de vida. Soamente podemos facer previsións sobre o impacto que pode chegar a ter nos diferentes sectores económicos e o tempo que necesitaremos para recuperar o que se perda. E a isto, lamentablemente únese a imposibilidade de precisar o día no que poidamos dicir que este pesadelo rematou. Velaí, na miña opinión, a verdade.

Pero xunto a esta verdade, hai outra non menos certa. Galicia non vai ser gobernada polos acontecementos, nin será espectadora pasiva. Actuamos, preparámonos, anticipámonos, cooperamos e podemos estar seguros de que –como noutros momentos da nosa historia, tamén a máis recente- xuntos volveremos superarnos.

Tendemos nuestra mano y sentimos como propio lo que acontece en Castilla y León, en Madrid y en Andalucía. Gracias presidenta Ayuso, presidente Mañueco y presidente Moreno Bonilla por acompañarnos, presididos todos, si me permitís, por el presidente Juan Vicente Herrera, que sigue siendo un referente en la España autonómica.

Hoy representados aquí también Asturias, Cantabria, Castilla La Mancha, País Vasco, Navarra, Aragón, Valencia, las Illes Balears, Islas Canarias, Extremadura, La Rioja, Cataluña y Murcia… es decir, lo que todos somos: España, representada aquí por la Ministra.

Galicia responde ante as adversidades como a gran familia que somos.

Esforzámonos para protexer aos que máis queremos.

Apoiámonos os uns nos outros para saír adiante.

E levamos e levaremos sempre con nós aos que xa non están aquí.

Máis pronto que tarde, Galicia –como España, como o mundo- vivirá a normalidade sen adxectivos que todos merecermos.

Señoras e señores, tomo hoxe posesión como presidente da Xunta de Galicia para servir ás galegas e galegos nesta tarefa e obxectivo común.

Mais consciente de que esta inmensa honra só é superada pola responsabilidade que implica e co compromiso de dar de min todo o que son.

Nunca esquecerei de onde veño, a familia que me criou e a familia ampliada que hoxe teño, para exercer coa humildade necesaria e para cumprir axeitadamente co meu deber, sempre terei presente a quen me debo: a Galicia.

Non perdamos de vista a realidade á que aínda deberemos enfrontarnos; pero miremos cara adiante con esperanza porque algún día ollaremos cara atrás e toda esta dor e todos estes esforzos serán tamén orgullo polo que xuntos fomos capaces de facer e de acadar.

Señoras e señores, pido permiso e pido perdón pola emoción pero lles podo asegurar que tomar posesión por cuarta vez é máis emocionante que a primeira.
Remato

Porque fomos e seremos quen,
Porque Galicia é quen.

Máis nada
Moitas grazas”

O acto rematou coa interpretación do Himno de Galicia. E despois houbo tempo para os saúdos e as fotografías.


Parabéns presidente Feijóo, e moita  sorte!