A proposta, deseñada polo estudo de arquitectos da cidade de Ourense
Müller-Feijoo, conta cun orzamento estimado de preto de 48.000 euros. O
obxectivo é poder impulsar a execución desta actuación a finais deste mesmo
ano.
Na súa concepción, a estrutura evoca as augas termais e As Burgas. A
fonte comporase de distintos aneis polos que discorrerá a auga ata un máis
profundo, que se converte nunha lámina de auga, na que se situarán boquillas
con efectos de nubes de pulverización.
A fonte ornamental disporá ademais de iluminación, oculta baixo os aneis,
que permitirán realzar a súa estrutura e visualizar o efecto “nube” na auga.
Segundo o proxecto da Xunta, a estrutura da fonte ornamental conformarase
a través de pezas prefabricadas en
formigón arquitectónico en base branca ou gris, de granulometría seleccionada,
que se irán escurecendo e cambiando a medida que aumenta a profundidade.