No Barco de Valdeorras, e horas antes en Ponferrada, Ourense denunciamos “o maiúsculo desinterese, exasperante desidia e obstáculos deliberados” por parte do goberno de Sánchez a calquera actuación que signifique un avance real na construción da autovía A-76 esixindo ao executivo central que inclúa nos orzamentos xerais do Estado do 2021 partidas económicas suficientes para a licitación, no próximo exercicio, de novos tramos.
Reclamamos unhas comunicacións propias do século entre as comarcas de Valdeorras e do Bierzo e das comunidades de Galicia e Castela e León, logo de quince anos de espera desde que se deron en 2005 os primeiros pasos administrativos dun proxecto estratéxico de comunicación para estes territorios.
Con todo denunciei, que o Ministerio de Transportes, Mobilidade e Axenda Urbana (MITMA) e, de modo particular a Dirección Xeral de Estradas, “mostrou un maiúsculo desinterese por este proxecto ante a falta de impulso e dilación nos trámites da autovía”. Aínda máis, dixen, “a Subdirección Xeral de Proxectos do ministerio e a sua titular está a frear en seco de xeito deliberado calquera avance real”.
Advertin que “esta exasperante desidia e falta de compromiso ministerial non ten relación algunha coa crisis económica derivada da pandemia, senón que as dilacións xa se rexistran desde a moción de censura que levou a Pedro Sánchez á Moncloa, é dicir, desde mediados de 2018”.
Esixin ao Goberno que inclúa nos orzamentos xerais do Estado para 2021 consignacións suficientes para a licitación, no próximo exercicio, das obras nos tramos Villamartín de la Abadía-Requejo e A Veiga de Cascallá-O Barco de Valdeorras. De xeito máis concreto, pedin a urxente conclusión do proxecto de trazado do tramo entre Requejo e A Veiga de Cascallá, que neste mes de outubro cumpre un ano desde que se superou o seu prazo contractual, “mentres o ministerio está a torpedear a actuación da empresa adxudicataria”.
Na rolda de prensa de Ponferrada estiveron presentes o portavoz do PP no Concello de Ponferrada, Marco Morala, o senador Antonio Silván e a deputada Carmen González, ambos por León. E tamén os senadores ourensáns Miguel Ángel Viso e Carmen Leyte.
Na rolda de prensa de O Barco estiveron ademáis dos anteriormente mencionados, a gás o senador Silván, o alcalde da Rúa, Álvaro José Fernández, e a portavoz no Concello do Barco, Sabina Aguado.
https://www.leonoticias.com/bierzo/exige-gobierno-deje-20201002142934-nt.html
https://somoscomarca.es/o-partido-popular-considera-que-quere-frearse-o-proxecto-da-a-76/
https://www.osil.info/o-pp-reivindica-que-se-impulse-o-desenvolvemento-da-a-76/
http://www.crtvg.es/tvg/a-carta/telexornal-seran-4594006?t=2149