O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse en 18.876.389 persoas en setembro, o que representa un aumento de 84.013 cotizantes respecto a agosto (un 0,45% máis). Como xa oucrrió o mes pasado, o sistema sumou máis mulleres que homes en setembro: contabilizáronse 82.528 afiliadas máis, mentres que o número de traballadores crece en 1.485.
É o
quinto mes consecutivo en que o sistema de Seguridade Social suma ocupados (en
termos medios) desde o inicio da pandemia da COVID-19. Ademais, é a maior subida neste mes desde que hai
rexistro. O ano pasado, a afiliación reduciuse un 0,16% neste mes.
Doutra
banda, o dato a último día de setembro o número de persoas afiliadas á
Seguridade Social foi de 18.843.729, o que supón un incremento acumulado ao
longo do mes de 252.423 ocupados.
Respecto a agosto
O mes
pasado, o número medio de afiliados rexistrou un aumento de 84.013 ocupados con
respecto á media de agosto (0,45%). A afiliación continúa a recuperación que se
iniciou en maio tras o impacto da pandemia da COVID-19. En marzo rexistrábase
un retroceso de 243.469 persoas afiliadas de media e en abril, de 548.093.
En
concreto, en setembro creceu a afiliación mensual no Réxime Xeral ata os
15.547.532 ocupados (0,55% máis), cun incremento de 85.068 afiliados. Sen os
sistemas especiais Agrario, que sumou 35.525 afiliados, e do Hogar, con 457
máis, rexistráronse 49.086 ocupados máis no Réxime Xeral en setembro, ata os
14.446.223 traballadores.
O sector
que máis sumou foi a Educación (7,15%) impulsado polo inicio de curso escolar.
Seguíronlle o Sistema Especial Agrario (5,14%), Actividades Administrativas e
Servizos Auxiliares (3,15%) e Agricultura, Gandería, Caza, Selvicultura e Pesca (1,13%).
En
sentido contrario, a baixada máis acusada correspondeu ás Actividades dos
Fogares (-6,55%), Hostalería (-3,80%) e Actividades Artísticas, Recreativas e
de Entretemento (-2,72%).
O Réxime
de Autónomos rexistrou 3.263.553 afiliados medios, tras un aumento no mes de
392 (0,01%). O Réxime do Mar contabilizou 64.126 ocupados, 1.435 menos que en
agosto (-2,19%) e o do Carbón situouse en 1.178 afiliados medios (-13).
Por
comunidades autónomas, Castela-A Mancha (2,29%), A Rioxa (2,12%) e Madrid
(1,15%) son as que máis afiliados suman este mes. No outro extremo sitúanse
Illas Baleares (-2,58%) e Cantabria (-1,58%).
En comparación con 2019
No último
ano, o Sistema perdeu 447.062 afiliados (un -2,31%), un descenso interanual
menor ao dos meses anteriores.
Murcia,
que sumou un 0,46% de afiliados en doce meses, e Castela-A Mancha, cun 0,39%,
foron as únicas comunidades cun aumento
interanual da afiliación.
O Réxime
Xeral rexistrou 440.236 menos afiliados que en setembro de 2019, (-2,75%).
Neste conxunto, integráronse os 3.020 ocupados que restou o Sistema Especial
Agrario e os 21.309 do Sistema Especial de Empregados Hogar.
O Réxime
Especial de Autónomos, pola súa banda, contabilizou 2.705 traballadores menos
que hai un ano (-0,08%). O Réxime do Mar diminuíu en 3.948 ocupados (-5,80%) e
o Carbón decreceu en 172, o que supuxo unha diminución do 12,74%.
A evolución das cifras de afiliación nos últimos meses están fortemente condicionadas pola pandemia da COVID-19. Desde o 12 de marzo ao 30 de abril, a fase máis crítica da pandemia, perdéronse 947.896 afiliados en España. Desde o 1 de maio ata o 30 de setembro recuperáronse 447.367 dos empregos perdidos.
Galicia:
O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado setembro en 1.011.799 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 995 persoas afiliadas respecto ao mes anterior ( -0,10 %).
En términos anuais, a afiliación no total do Sistema
rexistrou un descenso de 17.749 ocupados. (- 1,72 %)
A afiliación ao Réxime Xeral terminou setembro con
782.811 afiliados medios, o
Réxime de Autónomos con 208.221 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou
con 20.766 afiliados medios.
Ourense:
O número medio de afiliados á Seguridade
Social situouse o pasado setembro en 102.969 ocupados, cifra que
supuxo un aumento de 390 persoas
afiliadas respecto ao mes anterior (0,38 %).
En términos anuais, a afiliación no
total do Sistema rexistrou nesta provincia un descenso de 1.599 ocupados (-1,53
%).
A afiliación ao Réxime Xeral terminou setembro
con 79.610 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.359 afiliados
medios.