Son os seguintes:
España:
O
paro rexistrado no reduciuse en 26.329 (-0,69%) persoas no mes de setembro. En
termos desestacionalizados, o paro
rexistrado baixa en 66.518 persoas.
É
o maior descenso nun mes de setembro da actual serie histórica que comezou en
1996.
O
total de desempregados e desempregadas é de 3.776.485
O
paro por sectores
O
paro rexistrado baixa en todos os sectores produtivos. En Servizos redúcese en
13.367 persoas (-0,50%); en Agricultura redúcese en 9.503 persoas (-5,07%); na
industria, o descenso é de 8.095 persoas
(-2,59%); e tamén baixa na Construción en 7.682 persoas (-2,51%).
O
paro rexistrado aumenta no colectivo Sen Emprego Anterior en 12.318 persoas
(3,78%).
O paro atendendo ao sexo e a idade
O
desemprego baixa respecto ao mes de agosto tanto entre homes, onde se reduce en
10.210 persoas (-0,64%) como entre mulleres, onde descende en 16.119 persoas
(-0,73%).
O
ritmo de recuperación do paro entre as mulleres é máis lento e mantense a
brecha. Hai un total de 1.594.691 homes parados fronte a 2.181.794 de mulleres.
O
paro aumenta entre os mozos con 16.657 (5,06%) novos rexistrados menores de 25
anos.
A nivel
interanual, isto é, con respecto a setembro do ano pasado, 696.774 persoas
incrementaron en Galicia as listas do paro, o que supón unha crecemento do
desemprego do 22,62 %.
Galicia:
Con respecto á comparativa mensual do paro, a baixada rexistrada supón o mellor resultado acadado en toda a serie histórica, desde 1996, xa que ata o de agora o desemprego en Galicia a nivel mensual medraba, polo que este mes a tendencia invértese.
A contratación en xeral aumenta nun 29,14%, asinándose na Comunidade no último mes 18.763 contratos. Pola súa banda, o desemprego baixa nas provincias da Coruña (-0,60%) e de Pontevedra (-0,14%); nos sectores da industria (-4,46%) e da construción (-2,79%); e nos dous tramos de maior idade (de 30 a máis de 45 anos). Tamén cae nas sete grandes cidades, agás en Ourense que sobe en 16 persoas.
Desde o
mes de abril, momento no que se rexistrou o peor dato de desemprego, Galicia
logrou que 15.055 persoas abandonasen as listas do paro.
O número de parados queda en 176.574, deles 74.357 son homes e 102.217 mulleres, 167.266 son maiores de 25 anos e 9.308 menores.
Por sectores, 6.271 son da agricultura, 18.893
da industria, 13.341 da construción, 122.191 dos servizos e 15.878 do colectivo
sen emprego anterior.
A nivel interanual, isto é, con respecto a setembro
do ano pasado, 19.590 persoas incrementaron en Galicia as listas do paro, o que
supón unha crecemento do desemprego do 12,48 %. Pero mantense
a niveis inferiores aos de hai 11 anos, pese á suba. Galicia viña encadeando
seis anos consecutivos de caída do paro nun mes de setembro, pero esta
tendencia rompeuse polos efectos da covid-19.
Na comparativa con España, o paro aumenta en todas as
comunidades: en Galicia, o incremento é moi inferior á media estatal (+22,62%)
cun diferencial de máis de dez puntos. A Comunidade galega é a terceira cun
menor ritmo de subida en termos relativos.
Ourense:
Medra o paro rexistrado en setembo en relación co mes anterior en 8 persoas, un 0,04 %.
A nivel interanual, isto é, con respecto a setembro
do ano pasado, 1.937 persoas entraron en Ourense nas listas do paro, o que
supón un aumento do desemprego do 10,90 %.
O número de parados queda en 19.709, deles
8.258 son homes e 11.451 mulleres, 18.532 son maiores de 25 anos e 1.177
menores.
Por sectores, 1.007 son da agricultura,
2.178 da industria, 1.474 da construción, 12.980 nos servizos e 2.070 do
colectivo sen emprego anterior.