Tendo en conta a situación sanitaria derivada da Covid-19, os ourensáns temos limitado os nosos movementos salvo para ir ao veciño concello de Barbadás.
Nesta mañá dominical de bo tempo aproveitei para correr polos paseos que hai nas ribeiras do Regato dos Muiños ( coñecido popularmente como Barbañíca) desde o barrio ourensán do Polvorín, onde conflúe co Barbaña, ata A Valenzá.
Un bonito lugar para pasear e facer deporte. Fixen estas fotografias: