domingo, 25 de octubre de 2020

Vendo as avances nas obras da estación de autobuses, e do aparcamento subterráneo na futura intermodal de Ourense

 

A primeira hora desta chuviosa mañá, achegueime a ver como evolucionaban as obras da nova estación de autobuses da futura intermodal de Ourense, así como as do aparcamento subterráneo.

No caso das dársenas dos autobuses, comprobei que están completadas as  actuacións da marquesiña cos seus alicerces e as vigas prefabricadas.

E o edificio para os viaxeiros exteriormente está xa revestido e interiormente a  tabiquería executada e procédense a concluír as instalacións.

Tamén finalizou a demolición dos pavimentos exteriores que antes ocupaba o aparcadoiro provisional e o muro de Adif no lateral esquerdo da entrada á terminal de autobuses.

E vin xa demolido parte do muro de peche do centro de saúde da Ponte.

Todo indica que estas obras que executa a Consellería de  Infraestruturas e  Mobilidade da Xunta de Galicia, van en prazo.

Tamén puiden ver os avances nas execución das obras do aparcamento subterráneo, na que continúan os traballos do primeiro andar.

Fixen estas fotografías.