O pasado 25 de agosto, informaba nunha
entrada deste Blog, que ese mesmo día o BOE publicaba o Anuncio da Demarcación de Estradas do Estado
en Galicia relativo a Resolución do Ministerio de Transportes, Movilidade e
Axenda Urbana pola que se aprobaba
provisionalmente o Proxecto de Trazado: "Mellora da seguridade Viaria na
intersección de Ribela. Construción dunha ligazón e reordenación de accesos na
estrada N-525, p. k. 244+368". T.M. de Coles. Provincia
de Ourense. Clave: 33- OR-5330.
Nesa entrada celebraba a aprobación provisional
deste proxecto, que levabamos esperando desde hai moitos meses e que provocou a
nosa insistente e constante acción parlamentaria para activala. E
engadíamos que agardabamos que os trámites anunciados foran
xestionados con
axilidade; e que estaríamos vixiantes pois estamos
diante dunha actuación moi necesaria.
O MITMA daba conta de que “con esta actuación
proxectada, a intersección quedará substituída por unha nova ligazón dotada dun
paso inferior para a circulación entre Ribela e Sobral a través da OU-0552, así
como ramais de entrada e saída na N-525 con carrís de aceleración e deceleración
para permitir todos os movementos entre ambas as estradas.
Ademais, proxéctase unha vía de servizo en sentido
Santiago entre os PP. KK. 244+000 e 244+860, que permite reordenar os accesos
existentes e materializar a súa conexión ao carril de vehículos lentos da
estrada a través dun único punto.”
Pese
a que a resolución declaraba a urxencia
do proxecto e que ordeaba á Demarcación de Estradas do Estado en
Galicia a incoación dun Trámite de
Información Pública a efectos da declaración de utilidade pública e
a necesidade de urxente ocupación referidos aos bens e dereitos o certo e que a
data de hoxe non consta a realización dese obrigado trámite.
E agora,
coa recente presentación do proxecto de lei de Orzamentos Xerais do Estado para
2021 contemplamos con preocupación que non figura unha partida específica nin
consignación alguna para esta obra.
Lembro
que na Lei de Orzamentos Xerais do Estado de 2018
consignaba para o proxecto 2018 17 38
0548 Mellora da
seguridade Viaria na intersección de Ribela unha suma de 500.000 €.
Preocupado por
esta ausencia de partida orzamentaria, anuncio que no trámite de emendas ao
articulado do proxecto de PXE de 2021, os deputados populares ourensáns no Congreso
presentaremos unha emenda para dotar este proxecto cunha cantidade suficiente
para que poida licitarse a obra en 2021, e que estimamos non debe baixar do
millón de euros.