Onte 15 de novembro estaba prevista a edición de 2020 desta proba, que desgraciadamente por motivo das restricións sanitarias da covid-19 foi suspendida.
En setembro, pensouse en manter a carreira con grupos reducidos e saídas graduadas. Pero tras conversacións entre a xerencia da área sanitaria de Ourense e a alcaldía concluíuse que tampouco será posible esa solución.
Unha decisión acertada, que aceptamos con resignación e deportivamente en aras a evitar contaxios e así preservar a saúde dos nosos conveciños.
Esta mañá corrín en solitario por algún dos tramos do circuito habitual da carreira: a ponte romana e a ponte do milenio e contrastei, revisando as fotografías dos meus arquivos, a soidade actúal cos xentíos de anos precedentes.
Se Deus quere, o ano próximo volveremos a correr a popular do San Martiño polas rúas da nosa querida cidade.