Participo esta mañá en Ourense, nunha masiva protesta cidadá contra a Lei Celáa. Foi por medio dunha enorme caravana de coches que percorreron as rúas da cidade. Nas portas dos Colexios concertados había representantes das AMPAS con pancartas.
Protestaban nha lei promovida sectariamente polo Goberno de Sánchez e
Iglesias e que vén de aprobar pola mínima o Congreso dos Deputados, o boto en
contra do GPP, entre eles o meu.
Cabe salientar que a LOMLOE, é unha lei educativa:
- elaborada de costas ás comunidades autónomas. Malia que en
Galicia somos nós as que xestionamos a educación, non nos foi presentado o
texto completo nunha Conferencia Sectorial.
- cuxa negociación serviu de moeda de cambio a Sánchez
en cuestións que exceden o ámbito educativo.
Trátase dunha lei retrógrada porque diminúe a liberdade dos
pais e pretender impoñer un único tipo de ensino, deixando sen elección ás
familias más humildes.
Ademais, a LOMLOE :
- merma a calidade educativa, a equidade e a igualdade
de oportunidades, renunciando ao reforzo do alumnado que necesita un impulso
- e que pretende crear unha confrontación no ámbito da
lingua, un problema que en Galicia non existe
Desde Galicia sempre defendemos que era necesario seguir traballando no marco dun Pacto de Estado Social e Político pola Educación, impulsado polo Goberno do PP e que desapareceu co Goberno central actual.
Hoxe na manifestación de Madrid, Pablo Casado, manifestou que recorreremos esta Lei ante o Tribunal Constitucional e ante as institucións comunitarias "que consagran a liberdade de elección educativa" porque é "mala" para os estudantes e "mala para a unidade nacional".
Dixo que "esta lei durará o que tardemos en chegar ao Goberno" e lembrou que cando chegue ao Goberno de España derrogaremos esta lei porque é pésima para a calidade educativa, que é a panca de desenvolvementodunha nación tan importante como España", engadiu.
Casado indicou que o PP está "a favor da liberdade das familias, de que o español sexa lingua vehicular en toda España e de defender a educación concertada, e a educación especial". "Sobre todo desas familias con nenos que teñen algún tipo de discapacidade non podenter estas malas noticias este ano", manifestou.
Ademais de recorrer a reforma bautizada como 'Lei Celaá' no Constitucional avanzou que o PP actuará para impedir a súa aplicación nas rexións onde está no Executivo. "Desde o PP garantimos que nas comunidades autónomas onde gobernamos imos facer todo o posible para lexislar e evitar os estragos da 'lei Cela,indicou.
"Señor Sánchez, escoite a estas familias: liberdade para todas elas e respecto para España", cominou.