Galicia:
O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado novembro en 1.009.884 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 2.134 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (-0,21 %).
En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou un descenso de 13.706 ocupados (- 1,34 %). Segue Galicia con máis dun millón de afiliacións á Seguridade Social, a un nivel superior ao reflectido hai 10 anos. A baixada do Estado foi do -1,83%.
A afiliación ao Réxime Xeral terminou
novembro con 781.070 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con
207.954 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 20.860 afiliados
medios.
Ourense:
O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado novembro en 101.749 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 773 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (-0,75 %).
En términos anuais, a afiliación no total
do Sistema rexistrou nesta provincia un descenso de 1.657 ocupados (-1,60
%).
A afiliación ao Réxime Xeral terminou novembro con
78.396 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.353 afiliados
medios.