martes, 29 de diciembre de 2020

Finaliza 2020 sen que o goberno socialista licitase ningún tramo do Variante Norte de Ourense

Neste ano 2020 que está a piques de terminar os deputados populares ourensáns Celso Delgado e Ana Vázquez presentamos varias iniciativas parlamentarias no Congreso instando o Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana ( MITMA) a que adoptase decisións efectivas e expresas para o impulso da Variante Norte de Ourense, entre elas a dotación de partidas orzamentarias suficientes no proxecto de lei de  PGE para 2021.

Lembramos que o pasado 23 de setembro de 2020 púxose en servizo o tramo San Martiño-A Barrela da autovía A-56, entre Lugo e Ourense. E que nas palabras pronunciadas no acto inaugural polo Secretario Xeral de Infraestruturas do  MITMA, Sergio Vázquez non se constatou un compromiso explícito co resto dos tramos pendentes.

Só xeneralidades e  vaguedades e unha referencia a que se priorizarían os tramos máis próximos a Ourense e con máis circulación – é dicir a variante de Ourense- sen expresar prazos.

EIRASVEDRAS- QUINTELA

É un feito obxectivo que un tramo especialmente maduro para licitar as obras, é a ligazón de Eirasvedras coa  N-120 na súa  pk. 573+800 – ligazón de Quintela coa  N-120 en  p. k. 572,000. Un tramo urbano que de executarse solucionaría os problemas de circulación nun tramo de alta intensidade de tráfico e que posibilitaría o proxecto municipal de conversión dese espazo da  N-120 nun  boulevard termal.

Lembramos que o proxecto de construción do tramo foi aprobado pola Dirección Xeral de Estradas o 22 de abril de 2019 cun orzamento de licitación de 34,31 millóns de euros. E que o BOE do 21 de novembro de 2019 publicou o anuncio do  MITMA de sometemento a información pública previa á ocupación de bens e dereitos afectados.

Un trámite que de ningún xeito condiciona a licitación, pero que xa vencidos doce meses de 2020 segue sen materializarse.

Unha situación indignante que acredita un evidente desprezo aos ourensáns.

Pero a nosa indignación aumentou ata extremos indescritibles cando vimos no proxecto de lei  PGE para 2021 que o Goberno socialista consignaba para este tramo a ínfima suma de 250.000 € que fai inviable a licitación o próximo ano.

Lembramos que na Lei de  PGE de 2018 – con goberno do PP - este tramo tivo unha partida de 2,5 millóns de euros.  No errado proxecto de  PGE de 2019, o goberno socialista non fixaba consignación algunha o que provocou o rexeitamento unánime de todas as forzas políticas de Ourense. Para xustificarse o  MITMA dixo o 30 de xaneiro de 2019 que “este proxecto podería estar por tanto aprobado e a continuación ser licitadas as obras en 2019”.

Pero unha vez máis o  MITMA incumpriu e as obras nin foron licitadas en 2019 nin en 2020. E agora este ministerio socialista sorpréndenos desfavorablemente cunha consignación ínfima de 250.000 €, é dicir dez veces menor que a consignada en 2018.

No trámite parlamentario de emendas, tentamos incrementar a dotación ata os catro millóns de euros para posibilitar a licitación de obras. Pero a nosa pretensión foi rexeitada.

Imos seguir en 2021 insistindo ata a saciedade para que o Goberno rectifique e licite as obras deste tramo.

QUINTELA-A CASILLA

Noutra iniciativa parlamentaria os deputados de data 21 febreiro de 2020 formulamos unha pregunta ao Goberno sobre en que data concluiría a redacción do proxecto de construción do tramo enlace de Quintela coa  N-120 ata a ligazón da Casilla coa  N-525.

E que con data  2 de abril de 2020, o Goberno respondeunos “que se atopa en fase de redacción e que non podía dar unha data concreta de finalización destes traballos xa que dependía da supervisión e correccións que puidese ser preciso realizar nas sucesivas versións do proxecto”

Unha resposta decepcionante pois noutra anterior dada o 4 de marzo de 2019, o Ministerio dicía "que o proxecto do tramo Quintela-A Casilla, atópase nunha fase moi avanzada de redacción e tan só pendente da   auditoria de seguridade viaria".

Lembramos que esa auditoría finalmente aprobouse en abril de 2019 e que por tanto que finalizado 2020 siga sen aprobarse o proxecto de construción por parte do  MITMA, só pode explicarse por unha  enorme  desidia e falta de compromiso co impulso a este tramo da Variante.

No proxecto de lei de PXE para 2021 o Goberno socialista consignaba para este tramo a ínfima suma de 100.000 €, o que confirma que este proxecto non avanza e está adiado.

Imos seguir en 2021 insistindo ata a saciedade para que o Goberno rectifique, aprobe o proxecto de forma definitiva  e prepare a licitación das obras deste tramo.

https://www.laregion.es/articulo/ourense/grandes-obras-publicas-ano-suman-153-millones/20201229223213995452.html