“Autorizar ao
Ministerio de Transportes, Movilidad e Axenda Urbana (MITMA) a licitar, a través de Adif, dous contratos para a mellora do tramo
Monforte de Lemos-Lugo, cun valor global estimado de 108.491.024,93 euros (IVE
non incluído).
O primeiro
dos contratos fai referencia ás obras de execución do proxecto construtivo de
renovación de vía do tramo Monforte de Lemos-Lugo, cun valor estimado de 54.897.163,13
euros (sen IVE). Este importe inclúe o valor estimado dos materiais necesarios
para executar a obra.
O segundo dos
contratos comprende as obras de execución do proxecto de construción do túnel
de Oural, situado no tramo Monforte de Lemos-Lugo, cun valor estimado de
53.593.861,8 euros (sen IVE). Do mesmo xeito que no anterior contrato, este
importe inclúe o valor estimado das subministracións necesarias para executar
os traballos.
Estes
traballos enmárcanse nas actuacións promovidas por Adif para a mellora da conexión ferroviaria
entre Ourense, Monforte de Lemos e Lugo, co obxectivo de incrementar a súa
calidade e fiabilidade.
O tramo
Monforte de Lemos-Lugo ten unha lonxitude de 71 km en vía única non
electrificada. Actualmente estanse realizando os trámites necesarios para
iniciar a contratación da súa electrificación, que constitúe unha dos
principais investimentos planificados para o corredor.
Renovación de vía
A renovación
de vía do tramo Monforte de Lemos-Lugo, obxecto duns dos contratos autorizados,
comprende as seguintes actuacións:
• Renovación de balasto: Substitución do balasto existente por balasto
silíceo. A maior parte da renovación do
balasto levará a cabo mediante
desguarnecedora, exceptuando os puntos onde non sexa posible por
restricións de gálibo ou lonxitudes de
vía insuficientes.
Nos
devanditos lugares levará a cabo o levante de parellas de vías con retroexcavadora bivial, retirando e substituíndo o balasto para posteriormente cambiar carrís e
travesas.
• Substitución de travesas: Renovaranse
todas as travesas que non sexan polivalentes en bo estado, colocándose travesas
de formigón monobloque tipo PR.
• Renovación de desvíos: Substituiranse os
aparellos de vía actuais (tipos B1
e C) por aparellos máis avanzados
tipo P1.
• Renovación de carril: Substituirase o
carril existente tipo 54 E1 por carril 60 E1 en todo o tramo. Os traballos
inclúen a instalación de cupóns mixtos de carril 54/60, a modo de transición
entre carrís nas zonas de ligazón.
• Pasos sobre vía: Levante de todos os
pasos sobre vía (de tráfico rodado e peonís) e montaxe, tras a renovación de
vía, de novos pasos con sistemas homologados por Adif.
Novo túnel de Oural
Este contrato
comprende as obras de construción do novo túnel de Oural, de 1,85 km de
lonxitude, no tramo Monforte de Lemos-Lugo. A nova estrutura substituirá ao
actual túnel, mellorando as súas prestacións.
Así, o novo túnel executarase paralelo ao existente, que se manterá como galería de emerxencia, e dispoñerá de espazo suficiente para albergar a catenaria, así como aceira de emerxencia e galerías de evacuación, entre outros elementos.
A estrutura
contará con liña aérea de contacto ( catenaria), sistemas de sinalización e
comunicacións adaptados á nova solución proxectada, sistema de ventilación e
sistemas de protección civil, así como instalacións de telecomunicacións e dúas
zonas de instalacións auxiliares (ZIA), unha en cada emboquille.
Executaranse
tres galerías transversais de evacuación, cunha distancia máxima de 500 m entre unha e outra. A sección da galería
central será apta para vehículos, mentres que as laterais serán de tipo peonil.
A adecuación
do túnel existente como galería de emerxencia implicará a retirada de vía
e balasto, e a execución dunha soleira
de formigón transitable, así como un
tratamento de impermeabilización. O contrato inclúe a execución dun paso
superior e dous camiños de emerxencias, un para cada boca.
Melloras no traxecto ferroviario
Ourense-Monforte de Lemos-Lugo
As actuacións
de mellora do tramo en servizo Ourense-Monforte de Lemos-Lugo, nas que se
enmarcan estas licitacións, teñen como obxectivo cumprir os compromisos de Adif coa mellora das condicións de
explotación comercial do traxecto, en parámetros tales como a fiabilidade, o
confort e os tempos de viaxe.
Entre as
principais actuacións previstas atópanse a adaptación da infraestrutura ás
novas condicións de explotación, o cambio de electrificación de 3 kV a 25
kV no tramo Ourense-Monforte de Lemos e a electrificación a 25 kV do tramo Monforte de Lemos-Lugo, non
electrificado na actualidade.
Ademais, xa
se atopa en servizo desde abril de 2018 a variante da Pobra de San Xiao, entre
Monforte de Lemos e Lugo. Entre os principais beneficios deste novo trazado,
dun 7 km de lonxitude, destaca a supresión dos 14 pasos a nivel do anterior
trazado, co consecuente aumento da seguridade ferroviaria, viaria e peonil, así
como o incremento da velocidade de paso dos trens ata o 160 km/ h.
Financiación
europea
La actuación
en el tramo Orense-Monforte de Lemos podrá ser cofinanciada por el Mecanismo
"Conectar Europa" de la Unión Europea (CEF)."
Celebro estos acordos que permitirán licitar as obras anunciadas, pero hai que lembrar que o compromiso adquirido por ADIF con Galicia era pór en servizo a modernización da liña ferroviaria entre Ourense, Monforte de Lemos e Lugo no ano 2020.
Cómpre ter en conta que continúan sen adxudicarse as obras de electrificación da vía entre Ourense e Monforte, que foron licitadas en outubro do ano 2019.
Doutra banda, descoñécense avances nos trámites necesarios para acometer as variantes de trazado previstas dentro da planificación da alta velocidade a Lugo, a dos Peares-Canabal e a de Rubián.