Onte foi día de aniversarios moi reseñables para os que militamos nas filas do Partido Popular de Galicia.
Pasaron nove anos do falecemento de Don Manuel Fraga Iribarne e cumpríronse quince anos daquel 15 de xaneiro de 2006, cando se celebrou no Palacio de Congresos de Santiago o XIII Congreso do PP de Galicia.
Alí eliximos ao ourensán Alberto Núñez Feijóo, como novo presidente do PP galego substituíndo a Manuel Fraga.
Nese conclave houbo unha forte renovación da dirección do PP de Galicia. Xosé Manuel Barreiro foi elixido vicepresidente, e Alfonso Rueda, secretario xeral. Eu tiven a honra de resultar elixido presidente do Comité de Dereitos e Garantías.
Nesta foto sintetízase a mensaxe daquel extraordinario Congreso que definía unha nova etapa: un líder político indiscutible como Fraga entregaba con afecto a testemuña da dirección do Partido a un ilusionante e mozo político Alberto Núñez Feijóo, que co tempo chegaría a acadar tantas maiorias absolutas nas eleccions autonómicas como seu mentor, e á presidencia da Xunta de Galicia.
Ao seu lado, como notario de excepción, Mariano Rajoy, que chegaría a ser un magnífico presidente do Goberno de España.
E detrás catro persoas, o ex-presidente Don Gerardo Fernández Albor, o ourensán Roberto Castro, o vigués Jose Manuel Figueroa e eu mesmo.