domingo, 17 de enero de 2021

Demandando información sobre o proxecto de carrís de adiantamento na N-120 entre o alto da Guítara e Ourense

Esta semana os deputados Ana Vázquez e Celso Delgado presentamos no Congreso dos Deputados unha pregunta dirixida ao Goberno que ten por finalidade coñecer o estado no que atopa o proxecto de trazado de "Mellora da seguridade viaria na estrada. N-120. Implantación de carrís entre os  PPKK 548+800 e 564+000  entre Ourense e o Alto de  Guítara cuxa redacción se iniciou en novembro de 2017.”

É de todos coñecido que tanto o  MITMA como a Dirección Xeral de Tráfico, para reforzar a seguridade nunha vía que tivo unha alta sinistralidade  resolveron xa hai anos o pintado de dobre raia branca desde o Alto de  Guítara no que finaliza o dobre carril de ascenso desde Ferreira, ata a cidade de Ourense, salvo un pequeno tramo.

Esta circunstancia de imposibilidade de adiantamento a camións e vehículos lentos provoca a formación de longas filas e aumenta a duración das viaxes prexudicando especialmente a aqueles condutores que veñen desde as comarcas de Valdeorras e de Lemos.

Na pregunta parlamentaria os deputados lembramos que na etapa de Goberno do Partido Popular ordenouse a redacción dun proxecto de trazado de implantación de carrís na estrada N-120 que viñesen a solucionar os problemas que xeran as liñas continuas que impiden os adiantamentos durante máis de vinte e dous quilómetros, entre o Alto de  Guítara e Ourense.

Lembramos que o 26 de marzo de 2020 o  MITMA respondeu a unha pregunta destes deputados e dixo que “o proxecto de trazado de "Mellora da seguridade viaria na   N-120.  Implantación de carrís entre os    PPKK 548+800 e 564+000” iniciou a súa redacción en novembro de 2017”

A pesar de que xa transcorreu desde aquela data o enorme espazo temporal de 37 meses, nada sabemos sobre a finalización da redacción deste proxecto nin sobre cando será sometido ao trámite de información pública, que son pasos previos á redacción do proxecto construtivo. Urxe pois ter unha resposta.

E por iso preguntamos:¿ Concluíu o MITMA a redacción do o proxecto de trazado de "Mellora da seguridade viaria na N-120 Implantación de carrís entre os PPKK 548+800 e 564+000 que se iniciou en novembro de 2017?


https://www.lavozdegalicia.es/noticia/ourense/ourense/2021/01/17/pp-pide-avances-proyecto-mejora-n-120-ourense-alto-guitara/00031610899190999916240.htm

https://www.laregion.es/articulo/ourense/pp-urge-mejoras-adelantar-carretera-n-120/20210117221221999796.html