domingo, 10 de enero de 2021

Feijóo: " A Xunta adiante co compromiso desta lexislatura de construír ou renovar 39 centros de saúde

 

Esta semana o presidente Alberto Núñez Feijóo, salientou  que a Xunta leva investidos máis de 100 millóns de euros desde 2009 na mellora das infraestruturas de atención primaria, entre os 79 centros de saúde que xa están finalizados -6 nesta lexislatura- e os 12 que están en marcha.

“As mellores infraestruturas que os gobernos poden tramitar, executar e pagar son as infraestruturas sanitarias”, sinalou.

Durante unha visita ao novo centro de saúde do Milladoiro, en Ames, Feijóo fixo fincapé en que o Goberno galego segue adiante co compromiso desta lexislatura de construír ou renovar 39 centros de saúde.

Así, detallou que nos últimos meses se puxeron en marcha 6 centros de saúde: O Milladoiro, A Estrada, O Pereiro de Aguiar, os dous reformados en Vigo (rúa Cuba e Coia) e o reformado en Cenlle; 9 están en construción ou reforma; e en 3 se están a facer melloras a través de convenio cos concellos.

Ademais, engadiu que os Orzamentos de 2021 identifican e inclúen 13 obras máis e o resto, ata os 39, están pendentes de convenio e cesión de terreos.

Por outra banda, lembrou que os Orzamentos deste ano reservan 4.500 millóns de euros para Sanidade, o que acredita que segue a ser a prioridade orzamentaria da Xunta. Entre as partidas, citou unha de 20 millóns para adaptacións de centros de saúde relacionadas coa atención á covid.

Celebro estos investimentos que van na linha da transformación da atención primaria que a levaría a pasar de ser a porta de entrada actual, a un nivel asistencial central con capacidade resolutiva propia.

Como dicía o Conseleliro, esta medida de impulso do primeiro nivel asistencial, require dunha reorganización de funcións entre o persoal de primaria que contemplan varios aspectos, entre os que citou: o aumento da capacidade resolutiva do persoal de enfermería; o fomento do papel da fisioterapia de primaria, en funcións como as valoracións de dependencia; o impulso da formación sanitaria do persoal de servizos xerais; e o avance nunha maior integración do persoal dos PAC co resto de primaria.