O 3 de xullo de 2019 o Goberno respondía:” En relación co asunto interesado, sinálase que o proxecto de construción "Reparación do firme na A-52 entre os PPKK 176+000 e 236+300 Provincia de Ourense" está en redacción”
Comentabamos entón nunha entrada deste Blog que a autovía das Rías Baixas A-52 é a vía principal de comunicación de Galicia coa Meseta, que é transitada diariamente por un inxente número de vehículos lixeiros e pesados e que precisa dun constante mantemento do seu firme que tamén na provincia de Ourense precisa de reparacións efectivas.
É dicía que era urxente
terminar de redactar este proxecto que está valorado en seis millóns
de euros.
http://www.celsodelgado.gal/2019/07/o-30-de-maio-os-deputados-electos-do.html
As obras consisten na reparación
do firme mediante diferentes técnicas de rehabilitación, segundo o estado
actual do mesmo: substitución completa de capa de chaira e novo paquete de
firme, rehabilitación estrutural con reposición de entre 22 e 27 cm de
mestura bituminosa, rehabilitación
superficial dos 3 cm de capa de rodadura, e selaxe de gretas. Ademais,
contémplase a reposición de xuntas de dilatación de obras de paso e estacións
de aforo de vehículos afectadas,e o
repintado de marcas viarias”.
Informa tamén que “esta actuación forma parte do programa de conservación e mantemento do Mitma, que xera un impulso significativo para mellorar a calidade de servizo da infraestrutura viaria estatal existente e que na provincia de Ourense supuxo o investimento de aproximadamente 31,5 millóns de euros, desde xuño de 2018”.
Celebro este anuncio que hoxe mesmo publica o BOE, aínda que chegue con bastante retraso - a redacción do proxecto foi exaxeradamente longa - pois resultaba imprescindible, xa que as citadas obras son urxentes e moi necesarias. Agardaremos que remate o proceso administrativo, que o contrato sexa adxudicado e que comecen as obras en poucos meses.
https://www.boe.es/boe/dias/2021/01/08/pdfs/BOE-B-2021-578.pdf
Antecedentes recentes de rehabilitación da
autovía A-52 en Ourense
As actuacións de rehabilitación superficial e estrutural do firme da Autovía das Rias Baixas veñen sendo unha constante desde a sua posta en servizo. O desgaste do firme, ten que ver co intenso tráfico que soporta e tamén coas condicións climatolóxicas adversas nalgúns tramos. Por iso e para garantir as condicións de vialidade, os Ministerio de Fomento, antecedente do MITMA, ten acometido anteriores obras de reposición de firme. Cito agora algunhas das máis recentes.
O 12 de xullo de 2016 o Ministerio de Fomento mediante unha nota informaba que “iniciou as obras de rehabilitación do firme da autovía A-52, en Ourense, entre os PPKK 112 e 138 (en ambas as calzadas), nos termos municipais da Mezquita e A Gudiña.
A autovía A-52 en Ourense presenta importantes tráficos pesados, de longo e medio percorrido. Por iso é moi preciso levar a cabo actuacións de rehabilitación superficial e estrutural do firme para garantir unhas condicións de adecuada vialidade.
O proxecto contempla fundamentalmente a renovación superficial e estrutural do firme, mediante o fresado e posterior reposición con mesturas bituminosas en quente.
Contémplase tamén a substitución das xuntas de dilatación dos taboleiros dos viadutos, situados no tramo da autovía A-52 obxecto da actuación, e o repintado das marcas viarias nos tramos afectados mediante pintura termoplástica en quente.
O orzamento de adxudicación das actuacións ascende a 3.956.867 euros”.
http://www.celsodelgado.gal/2016/07/comezan-as-bras-de-rehabilitacion-do.html
As estradas son as incluidas no sector nº 3, que comprende:
Autovía A-52, quilómetros 176,0 a 267,1.
Estrada OU-11, quilómetros 0,0 a 1,9 (acceso centro a cidade de
Ourense)
Os contratos de servizos para a execución de operacións de conservación e explotación na Rede de Estradas do Estado teñen por obxecto realizar os traballos de servizos de comunicacións, servizos de vixilancia, atención a accidentes, mantemento dos elementos da estrada, mantemento sistemático das instalacións de subministración de enerxía eléctrica, iluminación, sinalización variable e semaforización.
Ademais, inclúense os labores de establecemento de inventarios e recoñecementos de estado, axenda de información de estado e funcionamento da estrada, programación, coordinación, seguimento e información da execución dos traballos, actuacións de apoio á explotación, estudos de accidentalidade e informes de seguridade viaria.
Así mesmo, realizaranse os traballos de roza, fresados e reposición do firme, limpeza de cunetas, e en xeral, todos os labores de conservación ordinaria das vías ao seu cargo. “
http://www.celsodelgado.gal/2017/08/publica-o-boe-de-hoxe-un-anuncio-de.html