martes, 5 de enero de 2021

En relación a decembro de 2019, a Seguridade Social perdeu en Galicia 18.098 afiliados, o que sitúa a tasa interanual en -1,77%.

Galicia:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado decembro en 1.002.161 ocupados, cifra que supuxo un descenso de 7.723 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (-0,76 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou un descenso de 18.098 ocupados (- 1,77 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou decembro con 773.981 afiliados medios, o Réxime de Autónomos con 207.856 afiliados medios, e o Réxime do Mar finalizou con 20.323 afiliados medios.

Ourense:

O número medio de afiliados á Seguridade Social situouse o pasado decembro en 100.860  ocupados, cifra que supuxo un descenso de 889 persoas afiliadas respecto ao mes anterior (-0,87 %). 

En términos anuais, a afiliación no total do Sistema rexistrou nesta provincia un descenso de 2.405 ocupados (-2,33 %). 

A afiliación ao Réxime Xeral terminou decembro con 77.548 afiliados medios e o Réxime de Autónomos con 23.312 afiliados medios.