jueves, 7 de enero de 2021

Solicitamos a comparecencia do Ministro Ábalos para que explique as razóns da non aplicación das baixadas das peaxes da autoestrada AP-9

Hoxe os deputados galegos do Partido Popular no Congreso, rexistramos a solicitude de comparecencia de José Luis Ábalos, Ministro de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, ante a Comisión de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana, para informar sobre as razóns polas que desde o primeiro día deste ano subiron as peaxes da autoestrada da Atlántico AP- 9 en lugar de aplicarse os descontos e as bonificacións previstas na Lei de Orzamentos Xerais do Estado para 2021.

Así mesmo, solicitaron polo mesmo motivo a comparecencia de Pedro Saura, Secretario de Estado de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana.

O deputado Celso Delgado, afirmou que “Lamentablemente confirmouse que a pesar dos anuncios e promesas feitas e de que xa está en vigor a lei de PXE para 2021, o Goberno español en lugar de cumprir  o comprometido, materializou unha nova suba de peaxes da AP-9 que aumenta aínda máis o agravio que vimos sufrindo os galegos en relación coa rede de estradas do Estado.”

Os deputados galegos lembran que neste ano nada tense producido en relación coa supresión de peaxes Morrazo e A Barcala, ni en relación coa bonificación de peaxes, ou coa gratuidade da peaxe Vigo-Redondela, nin para a supresión de subida anual acumulativa das peaxes.

Resulta inadmisible que desde o MITMA dígase agora que o decreto coas bonificacións e descontos aínda tardará  como mínimo un semestre en ser aprobado.

O certo é que o Goberno desde que redactou en setembro o proxecto de lei de  PXE para 2021 sabía que era imprescindible ir preparando os trámites administrativos necesarios para materializar os descontos a primeiros deste ano.

Unha vez máis desidia, que confirma que o Goberno socialista elixe sempre cumprir con Audasa antes que cumprir cos galegos.

Os deputados do PP de G farán un forte seguimento a este tema da autoestrada AP-9 e presentarán ademais outras iniciativas parlamentarias en forma de preguntas e proposicións non de lei ata que se cumpra co comprometido. 


https://www.elcorreogallego.es/galicia/pp-y-bng-instan-al-gobierno-a-rectificar-la-demora-en-la-rebaja-de-peajes-en-la-ap-9-XN5924044

https://www.diariodepontevedra.es/articulo/galicia/bng-pp-piden-congreso-rebajen-peajes-ap-9/202101071925321120830.html