O Instituto Galego de Estatística (IGE) acaba de dar o coñecer os datos referidos a Enquisa conxuntural a fogares (ECF) do 4º trimestre de 2020 que ten como obxectivos permitir obter un rápido coñecemento dos cambios na percepción do consumidor respecto as súas expectativas de gasto e aforro, así como da situación económica persoal e xeral da Comunidade Autónoma. As percepcións dos fogares, independentemente dos indicadores macroeconómicos, son unha ferramenta moi útil para a análise económica a curto prazo.
E tamén proporcionar información sobre as medidas que toman, ou pensan tomar, os
fogares galegos segundo sexa a súa propia situación económica: decisións sobre
os gastos efectuados, aforro, número de horas a traballar, solucións
financeiras,etc.
Estos son os principais datos:
No cuarto trimestre de 2020, o indicador de
confianza do consumidor (ICC1) reflicte un valor de -34,02 puntos, 3,75 puntos
maior que o referido ao trimestre anterior. Neste trimestre aumentaron tres dos
catro indicadores parciais de perspectivas de evolución: o indicador da
situación económica en Galicia foi o que rexistrou a maior subida, de 8,41
puntos, seguido do de desemprego (aumentou 5,1 puntos) e do da situación
financeira persoal (aumentou 2,93 puntos). Pola contra, o indicador de
capacidade futura de aforro diminuíu 1,43 puntos.
Indicador de confianza do consumidor e as súas
compoñentes. Galicia
O indicador de confianza do consumidor varía en
función do intervalo de ingresos do fogar. Os fogares con menores ingresos
medios mensuais son os que presentan valores máis baixos no ICC, mentres que a
confianza aumenta ao incrementárense os ingresos do fogar. Así, o indicador no
caso dos fogares con menos de 600 € ao mes sitúase no - 47,09, namentres que
entre os fogares que máis ingresan ao mes (por riba dos 3.000 €) o indicador
sitúase en -12,46.
Situación económica dos
fogares nos últimos tres meses
No cuarto trimestre de 2020 o 42,52% dos fogares galegos chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes, o 47,49% con dificultade e o 9,99% restante con moita dificultade.
Con respecto ao trimestre anterior, prodúcese unha
diminución de 5,64 puntos na porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou
moita facilidade a fin de mes. Aumentan, pola contra, a porcentaxe de fogares
que chega con dificultade a fin de mes (2,67 puntos) e a porcentaxe de fogares
que chega con moita dificultade a fin de mes (2,97 puntos).
Con respecto ao cuarto trimestre do ano 2019, a porcentaxe de fogares que chega con facilidade ou moita facilidade a fin de mes diminúe 11,74 puntos porcentuais. A porcentaxe de fogares que chega con dificultade a fin de mes aumenta 6,51 puntos entre ambos períodos e a porcentaxe de fogares que chega con moita dificultade crece 5,23 puntos.
Medidas económicas tomadas polos fogares nos
últimos tres meses
O 41,72% dos fogares galegos non se permitiu ningún extra nos tres últimos meses. Considéranse como extra os gastos destinados a vacacións ou viaxes, facer fronte a imprevistos ou grandes compras, extras de alimentación, roupa ou calzado, contratar novos servizos para o fogar, saír a cear, ir ao cine, etc. Tamén se inclúe nesta categoría poder aforrar e traballar menos horas ou que algún membro do fogar se permitira deixar de traballar.
O 12,39% dos fogares galegos
diminuíu outros gastos comúns, como roupa, calzado, transporte, etc, agás
alimentación, no cuarto trimestre de 2020. Esta foi a medida económica máis
habitual empregada polos fogares para reducir os gastos, aumentar os ingresos
ou afrontar pagos neste período. Ademais, o 12,28% dos fogares galegos cambiou
os seus hábitos de compra, mercando marcas brancas, produtos en oferta, etc.
Medidas económicas que esperan realizar os fogares
nos próximos tres meses
O 43,09% dos fogares galegos ten pensado facer algún extra en produtos de alimentación nos próximos tres meses, o 33,59% aforrar algo de cartos, o 26,98% saír a cear, a cafeterías, ir ao cine ou ao teatro e o 11,43% facer algunha compra extraordinaria en roupa ou calzado.
Compra de vivenda e coche nos fogares
O 14,77% dos fogares galegos está pagando a vivenda principal na que habitan, o 8,72% o coche e o 2,50% unha segunda vivenda. Con respecto ao mesmo trimestre de 2019, diminuíu 0,84 puntos a porcentaxe de fogares que están a pagar a súa vivenda habitual.